Encontro *O Fío Verde*

O Xeodestino Terras de Santiago, que conforman Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra, organizou o pasado luns 5 de maio, a xornada *O Fío Verde*, primeira acción da aposta do xeodestino por promover o turismo na comarca a través dunha gastronomía baseada na produción ecolóxica, de calidade e de quilómetro cero.

Así, a xornada que se desenvolveu na Quinta da Auga (Compostela), espazo dentro da nosa rede KM 0, reuniu a unha vintena de produtores locais con restauradores. O obxectivo era dotar aos restaurantes dunha materia prima ecolóxica, de inmellorable calidade e de quilómetro cero que lles permita dar un salto adiante á gastronomía e convertela nun dos eixos principais da promoción turística desta área, xunto aos seus recoñecidos atractivos paisaxísticos, culturais, naturais e patrimoniais.

O Fío Verde contou con produtores locais de leite, queixo, horta de tempada, pasta fresca, produtos cárnicos e outros. O obxectivo era que os restauradores da área de influencia do Xeodestino Terras de Santiago poidan incorporar estes produtos á súa lista de provedores.


Esta xornada estivo organizada polo Xeodestino Terras de Santiago en colaboración co GDR Terras de Compostela e Slow Food Compostela.


Máis información:

https://bisbarra.es/cultura/o-xeodestino-terras-de-santiago-impulsa-o-turismo-a-traves-da-gastronomia-ecoloxica/

https://www.diariodesantiago.es/comarcas/produtores-e-restauradores-conectan-no-xeodestino-terras-de-santiago-para-poner-en-valor-a-gastronomia-local/

https://diariocompostela.elidealgallego.com/articulo/compostela/empresas-e-restaurantes-ponen-valor-potencial-gastronomico-do-xeodestino-terras-santiago-5279552

https://www.elcorreogallego.es/concellos/2025/05/06/gastronomia-une-produtores-restaurantes-da-117104722.html

https://laalacenaroja.es/empresas-productoras-y-restaurantes-ponen-en-valor-el-potencial-gastronomico-del-geodestino-terras-de-santiago/


Ningún comentario:

Publicar un comentario