Aboamigalla

Con Aboamigalla iniciaron un camiño no que cren firmemente e no que tratan de poñer en valor os seus saberes ancestrais e tradicionais na elaboración de pan, reforzando o valor da tradición e aproveitando todas as opcións que lles ofrece a innovación tecnolóxica protexendo o medio ambiente e os seus recursos. Sen atallos.

Aboamigalla elixe HOXE protexer e revalorizar o que se fixo moi ben ONTE, pero coidando e protexendo o que van recibir as futuras xeracións MAÑÁ.

O seu Pan de Cea aposta por conservar a tradición artesá e protexer o noso medio ambiente, o noso futuro. Producen de maneira sostible un produto tan tradicional como o Pan de Cea, sen utilizar combustibles fósiles, aproveitando a enerxía calorífica residual que se produce durante o quecemento dos fornos para a elaboración do pan.


Volven... á sabedoría da paciencia e á arte do manual porque facer unha enfornada do seu pan de fermentación lenta leva case unha xornada completa (7:30 horas aproximadamente). Volven... ao sabor desde a primeira faísca porque elixen leña de bidueiro e carballo. O seu pan ten o aroma dos nosos bosques. Volven... á fariña de trigo Caaveiro porque é da nosa terra, porque achega outro sabor e textura, porque é volver ao bo. Volven ao natural sen interpretacións xa que o seu pan, é pan pan, sen máis, sen conservantes, sen químicos, sen nomes que non entendas. Só fariña de trigo, masa nai, auga e sal. Nada que agregar, nin interpretar.


Grazas á tecnoloxía utilizada, cáptase a calor dos fumes liberados pola cheminea ao exterior. Esta calor aprovéitana para a produción de auga quente e para calefactar as instalacións mediante chan radiante. Ademais, utilizan a calor excedente para quentar a zona do  leñero e secar a leña, así conseguen ter o material básico para a xeración da calor e enerxía en óptimas condicións, o que redunda nun aforro en combustible significativo, ademais de homoxeneizar o proceso produtivo durante todo o ano.


A HISTORIA

As orixes de San Cristovo de Cea, así como a súa tradición panadeira, transcorreron paralelas á historia do Mosteiro Cisterciense de Santa María A Real de Oseira, Monacato que nunca deixou de lado as prácticas da moenda e a  panificación, provéndose dos recursos necesarios para tal fin, sendo a Vila de Cea principalmente a subministradora do Pan. San Cristovo de Cea paso a ser “A Vila do bo Pan”.


Desde a primeira recensión histórica que data do século XIII cando o Abad Don Frei Arias Pérez obtén do Rey Sancho IV o privilexio polo que concede ao Coto de Cea Iglesia e feira mensual, ata a actualidade, a Vila de Cea é un valioso testemuño da historia de Galicia. A actividade panadeira increméntase notablemente na época da Casa dos Austria. Séculos despois, desde a nova Casa de Borbón, e grazas a un proxecto político que persegue a modernización do Reino, realízase no ano 1752 por parte do Marques da Enseada un Censo na Vila de Cea. No devandito catastro catalóganse como panadeiros gran parte dos veciños de San Cristovo de Cea, apuntándose tamén os fornos que xa por aquel entón sumaban doce.


Trátase pois, da fidedigna constatación da calidade dun produto elaborado dunha forma singular que o facía moi apreciado, e ademais, da actividade duns fornos que viñan cocendo desde facía máis de cincocentos anos.


AS SÚAS CERTIFICACIÓNS

✅ Abobamigalla está certificada pola IXP (Indicación Xeográfica Protexida) Pan de Cea como produtor oficial. A IXP garante que un produto procede dunha zona xeográfica determinada e que a calidade do mesmo corresponde coa obtida nese lugar específico, sendo outorgada pola UE. A súa corresponde ao municipio de San Cristovo de Cea e foi o primeiro selo IGP de Pan obtido en Europa.


✅ Fai pouco adheríronse á nova Indicación Xeográfica Protexida: IXP Pan Galego, unha certificación baixo a que pans tradicionais galegos que elaboran poderán dispoñer dunha garantía ao consumidor de estar a comer un produto elaborado artesanalmente, de forma manual, con trigo Caaveiro e fermentación longa. Unha forma de protexer o traballo artesán e ao consumidor.
Están asociados a Too Good To Go para contribuir a evitar o despilfarro alimentario e seguir na misma liña de coidar o noso planeta, o único que temos.


Contacto:
Polígono Municipal de San Cristovo de Cea, 1, 32130
☏ 622 059 040 | ✉ hola@aboamigalla.com





Ningún comentario:

Publicar un comentario