Biofruitgalicia

Javier Agrelo empezou en 2010 con 24 anos cunha plantación de kiwi de pouco máis de 1ha de extensión, vendo a saída que un veciño e amigo socio lle daba a este produto a través da cooperativa  de Ribadumia. Esta plantación supuxo a súa primeira inmersión no mundo da agricultura ecolóxica logo de estudar en Pontevedra Enxeñaría Forestal.

Proseguiría en 2012 coa plantación de maceiras sidreiras, en en 2013, co motivo da realización dun proxecto académico, realizou un campo de ensaio con arando azul en Sto. Tomé de Ancorados (A Estrada).


Foron 400 plantas de 4 variedades pioneiras nese momento xa que en España se empezaba a coñecer máis o mundo dos berries, e soamente en Asturias e en Huelva empezaban a facerse plantacións. Debido á boa adaptación, e despois de anos de estudo de variedades novas, en 2018, decideu seguir complementando a súa idea de proxecto con 2ha máis de arando, con 4 variedades que abarcan a produción dende xuño a outubro.

Para terminar, a finais do ano 2020, decídese por crear un campo de ensaio con variedades de mora e pineberry (fresiña branca) os cales están en inicios. No ano 2020 comeza a creación da súa marca BIOFRUITGALICIA que engloba todos os seus proxectos, produtos e iniciativas.

Con esta consolidación, este produtor mantén en ecolóxico a día de hoxe (2021) case 7 ha de produción que abarca dende mazá sidreira, kiwi, caqui, arando, mora...

Este Nadal acaba de sacar ao mercado tres lineais de marmelada con base de arando 100%, con arando e mora e con arando, mora e plátano. Prevé seguir innovando con zumes naturais, todo isto, coa fin de poñer en valor o produto artesán e ecolóxico e co obxectivo dun aproveitamento produtivo. 



 Contacto:

Camporredondo 2 Sto Tomé de Ancorados

36686 A Estrada (Pontevedra)

Responsable: Javier Agrelo

Teléfono: 657 185 557

Web: instagram.com/javiagrelo


Ningún comentario:

Publicar un comentario