Adega A Corga

Adega A Corga está situada no lugar do que recibe o nome. A Corga é un patrimonio singular, tanto no natural como no arquitectónico.

Benigno Pereira, o seu propietario

Benigno Pereira (Touro, 1962) é un emprendedor cos pés na terra, esa terra á que tanto ama e á que lle dedicou boa parte da súa vida. Dedicado desde hai moitos anos á elaboración de queixos, en 2010 fíxose coa propiedade dunha leira de 37 hectáreas en Pobra de Trives cunha casa que está documentada desde 1480, aínda que a súa estrutura actual é de 1632. Castiñeiros e viñedos crecen nesta propiedade que combina diferentes influencias climatolóxicas, así como a produción de viños e castañas. A adega e todo o que lle rodea é agora o paraíso de Pereira e da súa familia.


A ADEGA

Accédese por unha porta blasonada sorprendentemente ben conservada, de estilo barroco, que dá acceso a un amplo patio ao  rededor do cal se distribúen todas as dependencias.

Este edificio é o que alberga a súa adega, dotándoo desta maneira dunha actividade que lle dá sentido e vontade de permanencia.


A FINCA

A súa leira de 37 hectáreas pertenceu sempre á liñaxe dos Losada ata 1960 que pasou a mans dunha familia de Manzaneda que buscou fortuna na emigración a México, dedicándoa á gandería de carne ata 1989. Desde ese momento queda abandonada ata o 2010, momento en que a adquiriron os Pereira Salgueiro.

Gustoulles a vocación produtiva da parcela, e buscaron levala de novo ás súas orixes, plantando castaños e vides segundo as características do terreo. Na vide optaron pola variedade do Brancellao en tinto e Godello en branco, por ser estas cepas autóctonas que permiten facer viños diferenciados.

O seu modelo de produción baséase nas praxes da agricultura ecolóxica, buscando a maneira de producir máis respectuosa posible coa natureza. Tamén teñen plantados máis de 2.500 castiñeiros, das variedades Famosa e Longal nunha superficie de 25 hectáreas.


Conservan tamén 30 variedades autóctonas de castiñeiro, conservando os exemplares centenarios que están repartidos pola leira. De igual maneira conservan os bosques de carballos e salgueiros que dan abrigo á fauna salvaxe como cervos, jabalíes, teixugos, raposos e lobos.

No 2014 saíu ao mercado a súa primeira añada de viño Corga, e no 2018 o seu primeiro Corga ecolóxico.


Para eles segue sendo un proxecto aberto e ilusionante, tanto no viño como na castaña. No futuro están seguros que xurdirán novas iniciativas. Buscan ser un proxecto dinamizador, tanto no económico como no cultural, enfocando a súa maneira de facer as cousas cara a un modelo de produción  compartible e aberto á contorna.



OS SEUS VIÑOS

Os seus viños de agricultura ecolóxica son das variedades autóctonas Brancellao e Godello. Viños feitos con agarimo e esmero de maneira tradicional.


DATOS DE CONTACTO:

Lugar A Corga, s/n - Piñeiro

32780, A Pobra de Trives (Ourense)

Teléfono: 607 504 115 / 619 059 079

E-mail: hola@adegacorga.es / tienda@adegacorga.es

Tenda online


Ningún comentario:

Publicar un comentario