1500 convivium
en todo o mundo
Home » , , » Asociarse a Slow Food Compostela

Asociarse a Slow Food Compostela

Slow Food está aberto a toda persoa: a diversidade dos nosos socios é unha das nosas maiores forzas.

Co teu carné persoal de Slow Food, podes participar nos proxectos, os eventos e as actividades postas en marcha pola Asociación preto de ti e en 150 países do mundo.


Só grazas ao teu apoio Slow Food pode levar a cabo as súas moitas iniciativas para a tutela da biodiversidade alimentaria, para favorecer relacións directas e proveitosas entre produtores e consumidores, para sensibilizar sobre os asuntos máis urxentes vinculados co sistema alimentario mundial e para incrementar proxectos como os 10 000 hortos en África e o Arca do Gusto . Xunto a outros numerosísimos socios en todo o mundo sostés o noso compromiso por unha alimentación boa, limpa e xusta para todos.

Os socios agrúpanse en seccións locais coñecidas como convivium, grupos autónomos que compoñen os alicerces da asociación.

Os convivium fomentan a posta en valor da calidade e do pracer na vida cotiá reuníndose regularmente para compartir, en alegre convivencia, comidas e alimentos locais; xerar relacións con produtores; organizar catas, degustacións e seminarios; impulsar entre os cociñeiros o uso de alimentos locais e promocionar a educación do gusto nas escolas. Os eventos e iniciativas ofrecen a socios e seguidores a oportunidade de reunirse e compartir a paixón que vincula a toda a rede de Slow Food.

As cotas dos socios serven para soster moitos proxectos de Slow Food en todo o mundo.

FAITE SOCIO!

Asóciate a Slow Food Compostela

Escríbenos a slowcompostela@gmail.com e forma parte do movemento Slow Food.

SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario