En Pescados Loureda contan con 45 anos de experiencia no sector. Veñen de lanzar "Loureda na casa", servizo de envío a domicilio con pedidos por teléfono e lista de whatsapp no 647 90 79 74. Pronto terán nova páxina web con venda online. Están no Porto da Coruña, a maior lonxa de Galicia para garantir a frescura e a mellor selección de peixe e marisco cada día.
Por que son sostibles?
- Están adheridos ao decálogo de sustentabilidade integral da Industria Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación Redsostal.
- Contan co certificado Slow Food de sustentabilidade.
- Forman parte do catálogo de provedores ecolóxicos e de proximidade para as escolas infantís da Rede Municipal do Concello de Madrid.
- O seu peixe está obtido en proximidade en grandes e pequenas lonxas de Galicia (A Coruña, Vigo, Burela, Celeiro, Malpica ou Cedeira) e con artes de pesca responsables.
- Serven a mercadoría en cubetas retornables para non xerar residuos en envío.
- Reciclan todos os seus residuos. Os restos orgánicos son recolleitos diariamente e transformados en pensos animais.
- Todas as súas furgonetas están equipadas co sistema AdBlue de depuración de gases.
- A súa enerxía eléctrica é verde. Procede dunha compañía local e sostible que aposta polas fontes renovables.
- Respectan as tallas mínimas, especies protexidas e vedas, e diversifican o consumo de peixe e marisco. En cada estación do ano cambia o que o mar nos ofrece.
Como o fan?
MADRUGAN PARA ESCOLLER CADA DÍA O PEIXE MÁIS FRESCO DA LONXA.
- Vixían o día da captura.
- Elixen as especies obtidas con pesca artesanal e de baixura.
- Revisan cada detalle, como as escamas, as agallas e a transparencia ocular.
Adaptáptanse ao teu pedido
Teñen en conta como se vai a cociñar e o tamaño das pezas que precisas.
Preparan o peixe
Podes escoller se o queres limpo e enteiro, en filetes, en toros, descabezado, sen cola…
* Envían as cabezas e as espiñas se llo pides.
Efectúan un transporte perfecto
- Transporte isotermo e garantía de cadea de frío mesmo en paradas
- Poucas unidades para evitar esmagamento
- Separación especial do xeo
- Etiquetas con trazabilidad e caducidade
Entrégano con garantía de frescura
Sírvencho nun máximo de 24/48 horas.
Contacto:
PESCADOS LOUREDA, S.L.
Pescado y marisco fresco
Enderezo: Muelle Palloza, Almacén, H-2
15006 A Coruña
E-mail: info@pescadosloureda.com
Tlf. 981120439 / 647 907 974
0 comments :
Publicar un comentario