1500 convivium
en todo o mundo

Raíña Paraíso

Asociación Raíña nace no ano 2015 en Mesía. A xestación foi moitos anos antes, nun lugar chamado Raíña. De aí o seu nome, que recolle a súa esencia e os mantén cos pés no chan.

Ao principio, o obxectivo era social, xerar oportunidades laborais para persoas do rural. Co paso do tempo descubriron que o seu «soño» era moito máis amplo. Un reto máis apaixonante e esixente: que cada persoa aporte o mellor de si mesma.

E niso seguen: intentando cada día coidar ás persoas, a ti, a min, a eles! Pero tamén ao planeta. A nosa casa común, a Terra, coma se fose súa, sen ser de ninguén. 

Realizan agricultura ecolóxica, fomentando a alimentación saudable, especialmente na infancia e na xuventude. Os seus produtos destínanse fundamentalmente a comedores escolares. 

Comparten a súa filosofía e divulgan os seus valores a través de campamentos, campos de traballo, excursións e cada unha das persoas que entra pola porta.


OS SEUS VALORES...


A importancia das persoas, capaces de xerar o cambio que queren ver.

Gratitude, agradecendo cada día as oportunidades que temos para mellorar.

Contaxiando ledicia, porque un mundo que sorríe é un mundo mellor.

Comprometidos coas persoas e coa contorna na que vivimos.

Poñéndonos no lugar da outra persoa, sen xulgar para non ser xulgados.



PROXECTOS

A actividade principal da Raíña é a produción de agricultura ecolóxica, pero non por iso é a máis importante. Cren que o rural pode ser fonte de oportunidades, un espazo de cooperación e xeración de proxectos únicos e apaixonantes.

Actividades formativas, divulgativas, lúdicas, educativas, obradoiros, …

No ano 2020 levaron a cabo un dos seus proxectos, logrado gracias ao esforzo dos seus socios e socias, que realizaron unha intensa labor que combinou o estudo do terreo e a historia para recuperar antigos camiños de paso que permitisen trazar o percorrido do Camiño Espiritual de San Pedro de Mezonzo.

A ruta recrea os primeiros anos de San Pedro, unha figura ligada aos concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado dos Monxes; pois nesta orde pasou por eles no seu nacemento, ordeación sacerdotal e nomeamento como bispo.

Coñece neste enlace  a información completa da ruta.


PROXECTO ECOelas Rural II. Por segundo ano consecutivo levan a cabo diversas actividades e servizos para promover a inclusión das mulleres rurais, mellorar os seus coñecementos e competencias, facilitar a conciliación e dinamizar o rural en feminino.

Actividades diversas como clases preparatorias para acadar o título da ESA, concilia, asesoramento, horta-terapia, … Todo elo financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade.


Contacto:


Asociación Raíña Paraíso. Escola de Agricultura Ecolóxica 
Vilasantar. A Matés, s/n. 15807, Vilasantar (A Coruña)
☏ 693 74 75 00 | ✉ asociacionraina@gmail.com

SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario