Ana Isabel Cancio é unha emprendedora sorda que comezou coa súa horta ecolóxica en marzo do 2015 con “cultivos que fomentan a biodiversidade, reducen a contaminación ambiental, melloran as condicións dos animais e promoven o desenvolvemento rural sostible”.
Para a optimización da súa horta, emprega técnicas como o control de pragas biolóxico e a asociación de plantas. A isto, sen dúbida sácalle moito partido. Utiliza as máis aromáticas para atraer aos insectos e protexer aos cultivos, ou no caso de plantas de flor, a posibles polinizadores que poidan traballar mesmo nos invernadoiros. Nos bancales, a parte da rotación de cultivos, traballa asociando especies que poidan axudar a fixar nutrientes de maneira complementaria, ou mesmo mesturando plantacións como o millo e as fabas, xa que ademais de complementar en base a nutrientes, unha servirá de apoio físico para que a outra ruba sobre o seu talo.
* Certificada polo CRAEGA como produtores ecolóxicos desde marzo de 2017.
* Certificada polo COPAE como produtores ecolóxicos.
Ofrece produtos de horta ecolóxica, segundo tempada:
Outono:
Acelga cores, nabizas, repolo, coliflor, berenxena, trigo, variedades de patacas, verzas rizada, col kale, col lombarda, menta, salvia, hortelá, romeu, ceboliño, melisa, rabanito, leituga verde, leituga folla de carballo, escarola, espinaca, faba de caldo.
Inverno:
Escarola, leituga verde, brecol, romanesco, coliflor, espinaca, acelga cores, patacas de distintas variedades, nabizas, grelos, repolo, verzas rizada, col kale, col de bruselas, allos porros.
Primavera:
Leituga, repolo de corazón, col Milán, acelga, allos porros, verzas, coles de Bruselas, repolo, coliflor picuda, brócoli, escarola, col lombarda.
Verán:
Leituga batalla e vermella, repolo de corazón, col milán, acelga, allos porros, verzas, coles de Bruselas, repolo, repolo picudo, coliflor, brócoli, escarola, tomate (variedades: tomate de crimea ou Santiago, corazón de boi, pera, cherry, raff e tomate rosa), pemento (variedades: italiano, lamuyo, morrón e Padrón), xudías, cebola (branca, morada), cabaza (distintas variedades), cabaciña, berenxena (listadas, negro e branca)
Herbas: Romero, menta, ourego, albáfega, perexil, hortelá e melisa.
0 comments :
Publicar un comentario