Dende 2016 en Trasdeza Natur o chan, a auga e o sol, encárganse de producir gran variedade de hortalizas e froitas ecolóxicas con todas as súas propiedades nutritivas e todo o seu valor organoléptico.
María José e Rosendo, só axudan a que iso se leve a cabo da forma máis efectiva e sostible posible. Para iso crean bancales e neles fan rotación e asociación de cultivos. Construíron unha lagoa depuradora de plantas para depurar as augas residuais e reutilizalas para a rega. Ademais empregan plantas para abonar e curar a outras plantas.
Co seu innovador e pioneiro deshidratador solar, desenvolvido en colaboración coa USC, deshidratan produtos da horta para ofrecer alimentos que conservan todos os seus beneficios.
Tanto a produción como a transformación realízana baixo o selo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia: Craega.
Recoñecementos:
No ano 2018, Trasdeza Natur obtivo o premio AGADER para Iniciativas ao Desenvolvemento Rural na modalidade de Innovación tecnolóxica no rural.
No ano 2020 obtención do 2º Premio no VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra e o 3º Premio de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e finalista no 2º Programa TalentA organizado por Fademur e Corteva.
O proxecto foi seleccionado pola Rede Rural Nacional para representar a España nos Premios Europeos de Inspiración Rural 2021 (Rural Inspiration Awards 2021).
0 comments :
Publicar un comentario