Nanda Pérez, Leo Belas e Caetana de Ramón están detrás dun proxecto que naceu hai aproximadamente un ano. As súas cremas de froitos secos, cacahuete e granolas elabóranse no seu taller artesanal con base en ingredientes de orixe ecolóxica, certificados polo Craega, pois os súas principais apostas son a calidade e o control total da rastrexabilidade, ademais de enfocarse en usar os recursos de forma sostible e en reducir a súa pegada de carbono de maneira efectiva.
Cremas ecolóxicas de froitos secos, cacahuete e granolas feitas con mimo en Galicia.
🌱 100% Orgánicas certificadas.
🌱 Ingredientes naturais.
🌱 Sen glute (produtos certificados por ACEGA).
Recentemente lanzaron granolas con froita deshidratada de Trasdeza Natur. Tamén están con produción a través doutros operadores ecolóxicos para conseguir os seus propios froitos cultivados en Galicia, de modo que pecharán o circulo ao 100% nun futuro.
Contacto:
Rúa Luís Iglesias Iglesias 10, 15190 A Coruña
☏ 687 813 405 / 606 254 420 | ✉ hola@lenatt.com
Web: lenatt.com
✅ Tenda
0 comments :
Publicar un comentario