1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Miguel Negreira Rabuñal

Miguel Negreira Rabuñal

Miguel Negreira Rabuñal é unha explotación agrícola familiar, que se dedica ó cultivo de pataca de Coristanco. As súas parcelas atópanse no Lugar de Nogueira, en Coristanco. Ademais, teñen unha agropecuaria, Agropecuaria Nela, onde comercializan o seu produto. 


O nome de Coristanco, está asociado dende fai moitos anos ó cultivo da pataca, de feito son uns produtores familiares que recordan dende sempre o cultivo de pataca na súa casa, en maior ou menor produción, pero sempre foi algo que se fixo.

As novas xeracións xa queren seguir coa tradición familiar


Este produto, que raramente falta en calquer prato galego, encontra nesta comarca, e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. O cultivo realizáse en secano, sen regadío, o que diminúe a produción, pero aumenta a calidade e o valor nutricional do produto. Realizan, na medida do posible, rotación de cultivos para evitar enfermidades. Sembran sobre o mes de Abril e recollen en agosto- setembro, sempre manualmente.  A variedade que cultivan é a Kennebec, que ten moi boas aptitudes, tanto para fritir, coma para cocer, e por iso é unha das preferidas do consumidor. 



Contacto:
Miguel Negreira Rabuñal
Lugar: Nogueira Nº13A - 15147 - Coristanco
620 405 335 Móvil
981 733 294 Telf. 2

SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario