1500 convivium
en todo o mundo

Landeira

Landeira nace das inquedanzas dun enxeñeiro agrónomo, cuxo obxectivo é crear e dar forma a un produto propio que á vez lle permita traballar e recuperar o verdadeiro valor que teñen as terras galegas. Landeira é esencia galega. Unha mestura de tradición e innovación que dan como resultado un produto único que aposta pola revalorización do rural. Unha revalorización que ten como obxectivo principal servir de alimento ás terras e ás persoas. Todo elo sen esquecerse da sostibilidade como factor diferencial.

O progresivo aumento do interese por unha alimentación saudable levounos a crear TOFU LANDEIRA como alternativa ás proteínas de orixe animal. Trátase dun produto elaborado a base de soia ecolóxica apto para consumir tanto en cru como cociñado. O seu sabor neutro fai que sexa un alimento especialmente indicado para a súa maridaxe, tanto en doce como en salgado.

Ante a crecente demanda de produtos ecolóxicos, en 2017 puxeron en marcha un pequeno obradoiro en Sigrás (Cambre) onde a día de hoxe están a elaborar dúas variedades de tofu a base de soia ecolóxica, e que nestes momentos xa están no mercado. Natural e Afumado.

O tofu é un alimento vexetal cunha base proteica moi interesante, a súa cadea de aminoácidos é idéntica á da proteína animal. Pouco a pouco este tipo de produtos estanse incorporando á dieta omnívora, deixando de ser algo exclusivo de dietas veganas/vexetarianas. Cada vez somos máis os que coñecemos os beneficios do seu consumo.

Produto de calidade cunhas características organolépticas diferenciadas con respecto ao resto de produtos que nos podemos atopar no mercado con base nun cultivo innovador, ecolóxico e plantado en Galicia.

Un dos obxectivos deste proxecto é o aproveitamento de terras en abandono para convertelas en terras de cultivo e poder sacar un produto final de calidade, que transmita a súa identidade.

Tras anos de probas coa produción respectuosa de soia en Galicia, comprobaron que os rendementos eran bos. Terá que ver que a soia é unha planta hidrófila, é dicir, precisa de auga en distintos estadios da súa vida. De aí a idoneidade de Galicia.

Plantaron a variedade amarela xa que é o tipo de soia que máis contido proteico ten. Teñen unha das poucas plantacións de soia en ecolóxico, non só a nivel galego, se non a nivel estatal.

A soia é un cultivo fixador de nitróxeno, por iso din que alimentan a terra, non só co cultivo actual, senón para futuros cultivos.


ENXEÑEIRO AGRÓNOMO // CEO E COFUNDADOR - JOSÉ ANTONIO LANDEIRA

José Antonio Landeira Mosquera, Enxeñeiro Agrónomo e Técnico Agrícola conta con 18 anos de experiencia como técnico en nutrición e realizando traballos de asesor agronómico. Ten como misión persoal revalorizar as terras galegas.


COFUNDADORA // SOCIA - MARTA GARCÍA

Marta García Arias, Pedagoga vencellada ó mundo da  formación e con Máster en medio ambiente únese o  proxecto Landeira dende á  admiración profunda que ten ó mundo rural.


 Contacto:

Pontido nº 25 A – Sigrás – 15181 Cambre |

☏ 617 231 639 ✉ info@landeira.gal

✅ Produtos


SHARE

About Leo

1 comments :

  1. Mucha suerte en vuestra valiente iniciativa emprendedora 🙌🤗🥂.

    ResponderEliminar