1500 convivium
en todo o mundo

Horta da Lousa

Horta da Lousa é unha empresa familiar que combina un viveiro con certificación ecolóxica cunha horta quilómetro 0 de produtos frescos, saudables e de calidade e unha gandería de Tenreira Galega Suprema. Contan coa última tecnoloxía para garantir en cada momento que todo medra nas mellores condicións. Porque só hai un segredo para obter alimentos coma os de antes: cultivar como antes. Redescubrir sabores esquecidos é posible! Néstor Liñares é o seu xerente, a segunda xeración dun proxecto que comezou alá polo ano 1989 cos seus pais.
 

Degustar unha carne de vacas que viviron sen tensións nunha contorna natural envexable, e gozar unha leituga recentemente recollida, con todas as súas propiedades, é posible. Gózao!

Promoven variedades autóctonas como o Tomate Negro de Santiago, a Pataca Fina de Carballo ou a Cebola Chata de Malpica. Tamén producen variedades propias que pasaron por varias xeracións da súa familia e que agora seguen reproducindo e seleccionando todos os anos.


Contacto:
Lugar: Lousa de Abaixo 28, Encrobas (Cerceda) 
Web: hortadalousa.com
Teléfono: 636 859 401 / 981 685 186
E-mail: info@hortadalousa.com 


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario