1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Cultivo Gallego

Cultivo Gallego

O seu nome é Aitor e é un apaixonado da natureza. Desde sempre lle preocupou o medio ambiente e buscou unha maneira de contribuír a coidalo.


En Cultivo Gallego, cultivan verduras e hortalizas mediante o método biointensivo. Durante anos dedicou tempo e esforzo en aprender as mellores técnicas de cultivo sostible para ofrecer produtos frescos e de calidade aos seus clientes.

O cultivo biointensivo é unha técnica innovadora e sostible que busca maximizar a produción agrícola respectando o equilibrio ecolóxico. Durante o proceso de cultivo dos seus produtos non se utiliza ningún produto de síntese química, polo que Aitor garante que os seus produtos son totalmente orgánicos e saudables. Sempre ten unha gran variedade de produtos dispoñibles para satisfacer as necesidades culinarias dos seus clientes.


Produtos... Tomates: anairis, azul, negro, avoa de Osedo, cherry negro, vermello, amarelo e cebra. Pemento morrón, pemento tipo Padrón, leituga, berenxena, cabaciña, cabaza, repolo, cebola, allo porro, entre outros.

Lle enorgullece ofrecer aos seus consumidores alimentos que son o reflexo dun compromiso coa sustentabilidade e a saúde, cultivados con técnicas que respectan os ciclos naturais e fomentan a rexeneración do chan.

Encantaríalle poder compartir contigo os seus produtos frescos e naturais. Non dubides en contactalo para adquirir as túas verduras e froitas preferidas!!


Contacto:


Portas (Pontevedra)

☏  620 06 76 10 | ✉ cultivogallego@gmail.com


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario