Tres Fuciños é unha cooperativa de pequenos produtores de porco celta, o porco autóctono galego, que se unen para compartir parte da súa produción cos amantes da alimentación saudable. Nace da inquedanza dun grupo de criadores de Porco Celta por compartir esta "delicatessen" con todos vós. O nome da cooperativa débese ao feito de que cando estos animais comen a fariña de millo, o fuciño toca no chan, pero as orellas tamén. Por iso, na zona de Mazaricos, na Costa da Morte, coñécense como porcos de tres fuciños.
Os socios de Tres Fuciños cráin o porco do país ao xeito tradicional, en leiras e montes preto da casa, onde se alimentan de cereais pero tamén comen herba, uces, moreiras, brotes do toxo, landras e castañas Esta alimentación apórtalle unha alta proporción de ácedos grasos insaturados, que fan da carne de Tres Fuciños un alimento cardiosaudable.
A raza celta é unha raza porcina de baixo rendemento cárnico e lento crecemento, pois necesítase todo un ano para conseguir unha canle de 110 kg. A cambio, temos un produto feito como se facían antes as cousas e séguense facendo nalgúns enclaves galegos, con calma. Grazas a iso, as súas características organolépticas retrotráennos a sensacións que habitaban nos padais dos nosos avós.
Contacto:
Teléfono: 619 766 713
E-mail: administracion@tresfucinos.gal
Lugar: Castro de Carballedo (Lugo)
0 comments :
Publicar un comentario