1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Enflor Agro

Enflor Agro

Enflor nace en 2019 da man de Jorge Molina Somoza que, tras unha longa traxectoria como asesor no sector da agricultura ornamental, coñecedor das prácticas e obxectivos da agricultura moderna e desde a súa profunda conciencia ecolóxica, decide dar un xiro e emprender un proxecto de horta baseado nos principios fundamentais da agroecoloxía, especializándose en produtos diferenciados para restauración e hostalería.

                                         

Jorge é un enxeñeiro técnico agrícola lucense, que xa leva 21 anos por terras Coruñesas, sempre traballando no sector agrícola. É fundador e director deste proxecto ubicado na finca O Sisto en Esperela, unha pequena e bonita aldea do concello de Paderne (A Coruña).

Traballan a horta de forma natural, sen forzar as plantas con fertilizantes, hormonas ou climas artificiais (luz, calefacción,...). Traballan baixo principios de agroecoloxía, con rotación e asociación de cultivos, xerando biodiversidade. En definitiva, unha horta de confianza para hostaleiros e particulares concienciados nunha alimentación saudable, saborosa e próxima. Cultivan os mellores produtos, tradicionais e innovadores de cada tempada ou estación para cultivalos no seu mellor momento e achegalos á túa cociña en 24 horas.


OS SEUS PRODUTOS

1. Microbrotes. Todo o sabor e propiedades dunha planta adulta concentrados nunha pequena plántula. Sabor, textura e cor para potenciar e decorar os teus pratos. Rabanitos, mostazas, coandro, chícharo, brócoli e moitas máis. Tamén mesturas estándar, personalizadas para ti.

2. Follas tenras / Brotes. Cun pouco máis de tamaño que os microbrotes, as súas folliñas tenras e brotes achegan novas formas e texturas, cor, volume e un sabor algo máis delicado. Mesturas de folliñas asiáticas como mizunas, mostazas, kales ou komatsunas; mesturas autóctonas como acelga, brócoli, col vermella, leitugas ou variedades selectas como acedera, amarantho, armuelle, dente león. Ou mesturas personalizadas para que crees a túa propia ensalada ou guarnición.

3. Flores comestibles. Seleccionan flores comestibles de diferentes especies polo seu sabor, cor, forma e orixinalidade. Para que estas acheguen valor aos teus pratos e non sexan só un ingrediente decorativo.

4. Microhortalizas. Todo o sabor da súa horta en pequenas e divertidas miniaturas. A guarnición perfecta para os teus pratos.

5. Horta. Buscan os sabores auténticos, antigos e evocadores ou novos e intensos, sorprendentes. Os que che transporten a outro tempo ou outro lugar. Por iso combinan tradición e innovación, produtos locais ou doutras zonas do mundo. Pero o verdadeiro sabor está no coidado de como cultivan e na proximidade da súa horta e a túa cociña.

6. Herbas silvestres. Herbas, flores e froitos silvestres comestibles que na súa leira e contorna crecen e colleitan para ti. Plantas esquecidas que un día foron parte das nosas dietas e que a natureza nos regala. Esfórzanse cada día en coñecer a flora da súa contorna para adaptarse a ela. E para ademais gozar dos agasallos comestibles que lles ofrece.

7. Aromáticas. Herbas e flores de especies aromáticas para que poidas potenciar os teus caldos, guisos, cocteles, sobremesas, etc… Todo un xardín comestible que rodea a súa horta e invernadoiros e que ademais serve como illas de biodiversidade e atrae a multitude de polinizadores. O equilibrio perfecto para a saúde do noso agrosistema, da súa horta Enflor.

 Contacto:

Finca O Sisto

Esperela s/n, C.P. 15314 Paderne, A Coruña

☏ 679 897 514 ✉ jorge@enflor.es

Web: enflor.es




SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario