1500 convivium
en todo o mundo

Algamar

Lembramos unha bonita historia que naceu en Galicia hai xa 27 anos: dous irmáns, Clemente e Fermín Fernández, deciden comezar unha aventura cos recursos que teñen á beira de casa, dando así valor ao local e ecolóxico e dando a coñecer un alimento milenario como as algas, que son uns vexetais cunha estrutura sinxela e desenvólvense e nútrense na auga ou a expensas da auga.


Ambos os dous nacen a beiras da baía de Vigo e ven crecer o seu amor por ese océano Atlántico coa súa bravura e gran riqueza de alimento. Deciden apostar por eses seres tan antigos, as algas, e facer que sexan coñecidas e valoradas polas súas moitas calidades. Nos baixos da casa familiar empeza a aventura de Algamar. Clemente e Fermín foron uns pioneiros e emprendedores que apostaron pola alimentación saudable e a divulgación consciente da verduras do océano Atlántico.

Cabe destacar que é a primeira empresa española especializada na recolección, secado e elaboración de algas mariñas para uso alimentario, con certificado ecolóxico. Algamar presenta as algas autóctonas en forma deshidratada, que é un método tradicional e seguro de conservación nas culturas e pobos consumidores de algas. As algas secas mantéñense en perfecto estado durante anos e son moi fáciles de transportar e de almacenar a temperatura ambiente. Algamar as seca a baixa temperatura para preservar ao máximo o seu valor nutricional.


Actividade de recolección, secado e elaboración.

Pioneiros como produtores directos, como recolectores e transformadores, Algamar ten o recoñecemento legal do Goberno Autónomo e o seu Departamento de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Parten de algas alimentarias estudadas por organismos oficiais especializados e aceptadas internacionalmente.

A recolección das algas faise a man, sobre as rocas e habitualmente dentro da auga, seleccionando e cortando as plantas adultas no seu momento óptimo de desenvolvemento, xusto antes de que se marchiten.

Despois do traballo artesanal de selección e recolección no mar, as algas frescas son revisadas, seleccionadas de novo e secadas en cámaras de secado a baixa temperatura, para consumo humano como verdura deshidratada. Desta forma o aire e os seus propios sales mariños consérvanas de forma natural e duradeira.

O secado a baixa temperatura (< 42°C) preserva ao máximo o seu valor nutricional.


Actividade de estudo e divulgación.

É unha actividade fundamental, tendo en conta o descoñecemento existente sobre as algas entre os consumidores.

Cando naceu Algamar, non había precedentes en España do seu traballo. A empresa fixo un estudo e recoñecemento das especies autóctonas, contando paralelamente co asesoramento directo de especialistas en nutrición, tanto españois como europeos e co valioso apoio das Universidades.

Unha vez que estes datos fóronse sintetizando e os resultados analíticos e científicos foron satisfactorios, as súas algas xa estaban en condicións de ser presentadas en sociedade.

Iniciouse entón un traballo orientado a poñer as algas de Galicia e a información sobre as mesmas ao alcance do público que as puidese valorar.


Compromiso ecolóxico e enerxías renovables.

O novo packaging de Algamar con bolsas compostables sen plástico, é un paso decisivo no seu compromiso ecolóxico. Estes envases con materias primas ecolóxicas, son 100% biodegradables e compostables polo que as bolsas degrádanse, sen deixar residuos, en só 180 días.

En 2013, a fábrica de Algamar cóbrese de placas fotovoltaicas de alta eficiencia que xeran electricidade para a empresa de forma limpa e renovable.

En 2014, constrúese unha segunda fábrica, e incorpóranse novos secadoiros con sistema de caldeira de biomasa alimentada con restos forestais da zona, un paso máis en favor dos recursos locais e renovables e pola soberanía enerxética.


 Contacto:

Polígono de Amoedo. E-36840 - Pazos de Borbén (Pontevedra)

☏ 986 404857 ✉ info@algamar.com

Web: algamar.com


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario