1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » Comunidade Montes de Couso

Comunidade Montes de Couso

A ONU elixe os montes de Couso como exemplo mundial de xestión comunal. Estes pasan a formar parte do seu rexistro de ICCA (Áreas Conservadas por Comunidades Locais), unha lista internacional na que só se inclúen seis colectivos españois, entre os que figuran outras catro comunidades galegas: as de Froxán, Covelo, Teis e Vilar de Triacastela.


Recoñece o traballo dos comuneiros en canto á eliminación de invasoras (como a acacia e o eucalipto) e os seus proxectos pioneiros de cultivo de shiitake e froitos vermellos (frambuesas e arandos que comercializan en fresco ou en marmeladas) para diversificar o uso do espazo forestal.


Trátase dunha comunidade ben definida e vinculada a un territorio, dispón dun sistema propio de gobernanza e arroxa un resultado positivo en termos de conservación da natureza. Neste caso, presenta unha xestión sostible, con medidas de restauración ambiental e medios de vida para a comunidade que xeran emprego, saúde e tecido social.


O próximo proxecto da entidade gondomareña será colleitar e comercializar castañas.


Contacto:
Comunidade de Montes de Couso
Web: http://montescouso.blogspot.com/
E-mail: montesdecouso@gmail.com
Teléfono: 609 44 26 37 (Xosé Antón)


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario