A construción de El Molino del Abuelo data do ano 1918 cando Eladio Cuiña Taboada, membro fundador, viu unha necesidade de moer o trigo que se cultivaba na zona. Por aquel entón era un muíño dunha soa pedra e a cobranza facíase quedándose cunha parte do trigo que a xente levaba para moer.
O negocio familiar foi traspasado á seguinte xeración e en vista da súa produción, o seu fillo, Luís Cuiña Fondevila, decidiu facer unha reforma e modificación pasando a ter 3 pedras de moer todas elas empuxadas pola forza da auga, que é o modo de moer tradicional.
Actualmente é a seguinte xeración a que xestiona o muíño familiar realizando unha nova ampliación e pasando a ter 7 pedras. Por este motivo, conta cunha produción máis elevada pero igual de tradicional e artesá que nos primeiros días. De aí a súa diferenciación, calidade, textura e inconfundible sabor dos produtos respecto a fariñas de produción industrial. Por isto, hoxe día é tan apreciada por prestixiosos cociñeiros, panadeiros e reposteiros que ven nesta fariña a base das súas receitas.
Os seus arandos son coidadosamente seleccionados e recolleitos a man garantindo a máxima calidade en cada bocado. Cultivados sen sulfatos nin aditivos, son unha opción saudable e 100% natural.
A súa pulpa, elaborada cos arandos da leira do Muíño de Cuíña, é un produto totalmente natural, cocido e envasado, sen azucre engadido, nin colorantes, para poder gozar do verdadeiro sabor do arando todo o ano. Deste xeito logran conservar todas as propiedades do arando, os cales son fonte de fibra, vitamina C, vitamina K e manganeso. Envasados en tarros de 212 gramos.
Cunha composición de 99,6% de arandos e agar, esta pulpa ofrece un sabor auténtico e saudable, libre de calquera adición de azucres, por tanto é apta para diabéticos. Produto Vegano certificado.
Web: https://xn--fincaomuiodecuia-fubg.com/
Contacto:
Aptdo. de Correos 54. C.P. 36512 Lalín (Pontevedra)
☏ 603 76 81 98| ✉ pedidos@omuiñodecuiña.com
Web: omuiñodecuiña.com
0 comments :
Publicar un comentario