Céntranse na elaboración do queixo popularmente coñecido como "Requeixo das Neves" e no envasado de mel.
Alejandro Martínez, presidente da cooperativa Condado-Paradanta, aprendeu a facer o requeixo de neno, véndoo elaborar na casa familiar e consumíndoo: «Recordo como desde ben pequeno viñan persoas a merendar o requeixo a casa e como o meu avó, Manuel Martínez, ía a todas as feiras da zona a cabalo para vendelo». O proceso é basicamente o mesmo, non incorporan tecnoloxía, pero en vez dunha pota de 40 litros de leite, agora leva 600 litros, para producir uns 300 quilos ao mes.
Alejandro está á fronte dunha cooperativa familiar na que tamén traballan outras tres mulleres (Lucía González, Ángela Rodríguez e Thayré Iglesias) e na que contan con Fran Sotelino como asesor gastronómico. Producen unhas dez toneladas de requeixo ao ano e outras cinco de mel.
Premios
Distinción de Bronce, categoría Meles Multiflorales. Catas de Galicia 2014.
Distinción de Prata, categoría Meles Multiflorales. Catas de Galicia 2011.
Cooperación e desenvolvemento territorial, como exemplo de aproveitamento dos recursos naturais e tradicionais da zona, en réxime de cooperativa. Cumes do Suido 2013.
Produtos
Mel Multifloral, Noces con Mel e Requeixo das Neves.
COOPERATIVA CONDADO PARADANTA
Enderezo: Rúa Álvaro do Pino s/n
C.P. 36440 - As Neves
Teléfonos: 986 648 625 / 629 813 675 (Alejandro)
Email: comercial@requeixoemeldasneves.es
Venda online: marketingclub.es/vendedor/condado-paradanta/
Venda in situ: Praza de Mercado de As Neves
0 comments :
Publicar un comentario