O corazón da carnicería Capelo, atópase na súa granxa ubicada nunha parroquia ao sur de Santa Comba, A Pereira. Alí é donde fai máis de 30 anos naceu o negocio familiar.
Pedro, o cabeza de familia, comezou no negocio cando tan só tiña 14 anos indo polas casas dos veciños para mercarlle os becerros, que logo vendía no Mercado de Amio cada martes, xunto o seu tío Vitorino. Co tempo e a volta de Alemania de Hilda, a matriarca da familia, construíron a casa cunha pequena corte que foi medrando ata chegar ás 100/120 reses.
Hoxe, despois de máis de trinta anos vendendo a outros carniceiros da provincia e baixo a bandeira de poñer en valor o seu, decidiron dar o salto para abrir a súa propia carnicería na Nave 1 do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.
Darío e Pedro Capelo na Nave 1 da Praza de Abastos de Santiago |
"Da granxa á túa casa, sen intermediarios. As tenreiras criámola nós, así sabes o que comes. Velamos polo coidado dos animais para poder ofrecer o obxectivo que levamos perseguindo moito tempo. Con este proxecto poñemos en valor o noso”.
Apenas pasaron tres meses dende a apertura da carnicería e os seus chourizos (afumados con leña) e chicharróns, elaborados de maneira tradicional, xa son "archicoñecidos".
Contacto:
Rúa das Ameas, Praza de Abastos, 15704 Santiago de Compostela
☏ 686 37 29 81 ✉ dario.capelo@adoscapelo.es
0 comments :
Publicar un comentario