Celtagal nace na aldea de Couboeira, en Mondoñedo, como un proxecto empresarial familiar sostible baseado na recuperación, produción, comercialización e distribución de dúas razas autóctonas de Galicia: o Porco Celta e a vaca Cachena.
A súa produción e 100% natural e contribúen á recuperación do patrimonio xenético e cultural de Galicia, á alimentación saudable e de proximidade, ao tempo que facilitan a recuperación de terreos abandoados e a prevención de incendios forestais.
Os seus animais medran en total réxime extensivo, alimentándose con cereais e dos recursos que o medio natural lles facilita nas diferentes estacións do ano, así como os excedentes da súa propia horta que eles mesmos plantan sen empregar sulfatos nin fertilizantes agresivos para o medio natural.
Os seus animais están controlados sanitariamente por Asoporcel (Asociación de Criadores da Raza Porco Celta) e Cachega (Asociación de criadores da raza Cachena), ambas as dúas pertencentes á Federación de Razas Autóctonas de Galicia.
Encárganse de xestionar o libro xenealóxico de cada raza e de certificar os canais en matadoiro baixo os selos 100% raza Porco Celta e 100% raza Cachena, para garantir a trazabilidade dos produtos elaborados que fan posteriormente.
Comercializan canais a particulares, carnicerías e restauración, e tamén elaboran embutidos, todos eles sen conservantes nin colorantes.
Ademais da parte da alimentación, procuran participar en eventos de promoción como catas, feiras, festivais, certames de cociña e calquera acontecemento de divulgación destas razas autóctonas.
Contacto:
O Souto 1, Couboeira - Mondoñedo, C.P. 27749 (Lugo)
☏ 650 15 11 10| ✉ pescanort@gmail.com
Web: www.facebook.com/porcocelta.decouboeira/
0 comments :
Publicar un comentario