1500 convivium
en todo o mundo

Terras de Boborás

Johnny Trigás é o fundador e responsable de Terras de Boborás-Apicultura. Un dos seus obxectivos é a recuperación e posta en valor da terra agraria e conservación da abella negra ibérica, labor pola que foi premiado neste 2023 nos premios Agader.


Johnny é un exemplo de compromiso e loita; compatibiliza o seu proyecto co traballo na panadería familiar. Nestes 4 anos que acaba de cumprir, podemos falar dunha marca consolidada e recoñecida a nivel nacional e internacional pola calidade dos seus produtos. Así, baixo a su marca "Doce Bágoa" que recolle a súa gama de alimentación, leva recollidos prestixiosos premios coma o Ouro nos London Honey Awards 2023 e 2024, e nos Mediterranean Taste Awards 2023, convertendoo seu mel nun dos máis recoñecidos.


A súa intención é darlle valor engadido o seu mel e ofrecernos diversos produtos elaborados no que o nexo de unión é o mesmo. Da man doutros artesáns, conseguiu posicionar moi ben as súas "ostias do cura", galletas en base de mel (finalistas na categoría "Produto excelente" dos premios Galicia de Alimentación). Tabletas de chocolate, cremas untables de chocolate, vinagres, licor de mel... os cales tamén levaron un ouro e unha prata nos Mediterranean Taste Awards. Que decir que o mel de Johnny Trigás está amparado pola IXP Mel de Galicia e polo selo de Artesanía Alimentaria de Galicia, o que garante o seu bo facer e a calidade do seu produto. A maiores, forma parte da familia de ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia) polos seus produtos sen glute. 




Tamen recoñecer outra vez máis ese compromiso con Galicia, posto que acaba de ser socio fundador, xunto con 30 membros máis, da "Asociacion Cosmética Galega (ACG)" xa que, dende 2019, baixo a marca "Maruxiña", dispón da primeira liña de cosmética certificada ecolóxica e natural elaborada cos produtos das súas colmeas (mel, propóleo e cera) loitando dende esta asociación por ser unha cosmética sostible, KM 0, con extractos galegos. Está testada dermatoloxicamente, con grande principios e uns diseños que namoran. Así veu o premio nos Organic Magazine neste 2024. 


Contacto:


Barrio Cameixa 74, Cameixa - Boborás

☏  659 95 41 20 | ✉ docebagoa@gmail.com

Webterradeboboras.es


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario