Tamara Castro é a fundadora e responsable de SACRAPASTAS. Un dos seus obxectivos co nacemento desta marca, é manter viva a tradición centenaria das pastas de manteiga “Galletas de Xián”, considerándoas auténticas embaixadoras doces do territorio no que se elaboran: a Ribeira Sacra. Absolutamente impregnadas da beleza desta terra máxica, inspíranse na súa arte románica, da que nacen os gravados plasmados en cada galleta. E nos seus seres mitolóxicos, as Xacias, figura protagonista da marca.
Nun inicio, na parroquia de Xián, estas galletas cocíanse de dúas en dúas, entre pranchas de ferro na lareira (cheminea), logo co retorno da emigración, trouxeron unhas máquinas que se enchufaban á corrente, nas que se cocían 4 galletas de cada vez. Ata o ano 2021, na panadaría tamén traballaban con estas máquinas pero decidíronse a innovar no proceso de elaboración das mesmas para ter unha máquina con máis capacidade produtiva que lles permitise dalas a coñecer máis alá de Taboada. Para elo, crearon e personalizaron unha máquina na que poden cocer 24 galletas, permitíndolles facer nunha soa cocción moitas máis. Aínda así, todo o proceso de elaboración ten un acentuado carácter artesanal, require moitas horas de man de obra, xa que, unha a unha, cada galleta ten que ser tratada coa delicadeza que a caracteriza.
En febreiro do 2023 presentáronas na feira do Caldo de Ósos de Taboada co novo packaging e os novos gravados plasmados en cada galleta que están inspirados no territorio no que se elaboran, na Ribeira Sacra, e renden homenaxe ás avoas, ás mulleres do rural e as familias que souberon namorar a todo un pobo coas súas galletas, preservando e transmitindo esta receita de xeración en xeración.
Contacto:
☏ 982 465 057 - 686 74 69 52 | ✉ sacrapastas@gmail.com
Web: sacrapastas.com - panaderiadario.com
0 comments :
Publicar un comentario