Traloagro xorde alá polo 1936 da tradición familiar por partes dos seus pais como emprendedores e empresarios ao longo da súas vidas, e por parte dos seus avós que lles transmitiron o coidado do medio e o mimo ós animais. Todo isto xunto coa innovación das novas xeracións que medraron en Bélxica coa influencia doutras culturas.
Isabel de Traloagro |
Téndoo claro dende os inicios, aló polo 2010, apostaron polo rural como modo e medio de vida, cunha produción ecolóxica e sostible, xa que non conciben outro xeito de facelo. E para rematar o ciclo, e non desaproveitar ese esforzo na produción, no 2019 inician a comercialización da súa carne a través de dous puntos de venda: a “Carnicería ecolóxica Traloagro”, ubicada na praza de abastos de Lugo, e unha “Ecotenda con carnicería Traloagro” situada no polígono empresarial de Friol, no que ofrecen variedade de produtos ecolóxicos de terceiros, ademais da súa carne ecolóxica certificada.
Instalacións en Friol |
En Traloagro dispoñen de instalacións propias, contando cun Biocentro cárnico dedicado ao despezamento e elaboración de produtos de variedade de carnes de modo artesanal e ofrecen carne ecolóxica 100% certificada. Dispoñen de liña de despezamento para bovino, porcino, ovino, caprino e avícola. Estas instalacións están certificadas para o despezamento ecolóxico e IXP Ternera Gallega.
Desde o ano 2012, son produtores de gando ecolóxico certificado polo Craega (Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia) e desde o 2020 están certificados no despezamento, elaboración e comercialización de carnes ecolóxicas. Contan con gandería ecolóxica bovina e polo campero ecolóxico. Ademais, a súa carne de bovino, está amparada pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega e certificada polo selo ecolóxico. Tamén, os seus polos camperos están certificados con selo ecolóxico do mesmo xeito que o resto das reses (porco, cordeiro e cabrito).
En definitiva, Traloagro ofréceche carne de calidade, de proximidade e ecolóxica certificada coa garantía da tradición e coa innovación de produtos.
Contacto:
Web: traloagro.es
Teléfono: (+34) 982 04 20 03
Enderezo: Polígono Industrial de Friol
E-mail: info@traloagro.es
0 comments :
Publicar un comentario