Os inicios de Jamones González remóntanse a 1923. Desde entón, foron crecendo manténdose fieis á tradición transmitida de xeración en xeración, coa intención de preservar e conservar a filosofía inculcada polo seu fundador Manuel González Pérez, sendo así a única forma de conseguir produtos coa maior calidade e diferenciación posible, representativos dunha cultura culinaria arraigada á tradición.
A empresa atópase situada nunha zona próxima á Serra dos Ancares, porta de entrada a Galicia no Camiño de Santiago. Os Ancares, zona de montañas da provincia de Lugo, goza dunha longa tradición na elaboración de embutidos cárnicos, xa que pola súa localización xeográfica posúe unhas condicións climatolóxicas óptimas para a elaboración deste tipo de produtos.
Os seus porcos
Para poder ter un control da materia prima empregada na elaboración dos seus produtos e garantir o máximo control desde o inicio, en Jamones González contan con granxa propia, onde crían porcos da raza Duroc, cuxa xenética garante unha materia prima que reúne todas as características necesarias para obter produtos coas propiedades organolépticas desexadas, xa que o porco de raza Duroc, posúe unha carne de alta calidade, moi magra e cun alto grao de infiltración de graxa, o que confire gran sabor, sendo idónea para a elaboración de produtos curados, como xamón e lacón, do mesmo xeito que produtos embutidos, como chourizo e salchichón.
A granxa de Jamones González está inscrita no "Consello Regulador Lacón Galego I. G. P.", desta forma, garanten o maior control nos nutrientes da alimentación dos seus animais, velando e respectando a calidade.
Xamón, Liña Gourmet (Chorizo Extra Tradicional, Salchichón Extra, Chorizo Extra Vela, Xamón Gran Reserva Cortado a Man), Curados (Lacón Galego I.G.P., Lacón Salado Curado, Lacón Curado Deshuesado, Mini-Lacón, Mini-Lacón 1923, Codillo de Lacón Curado, Panceta Salada Curada Sin Costela, Panceta Salada Curada Con Costela), Embutidos (Chorizo Extra Tradicional, Chorizo Extra, Chorizo, Chorizo Extra Vela, Choricitos, Butillo, Salchichón, Lomo Curado e Chorizo Criollo), Adobados (Zorza), Cocidos (Maza de Lacón Curado Cocido, Lacón Curado Cocido), Salados (Pes e Mans, Orellas, Tiras de Costela, Rabos, Espiñazo, Dentes, Morro sin oso e Cabeza), Frescos e Liña Duroc.
Os seus produtos

+info: CATÁLOGO DE PRODUTOS
Contacto:
JAMONES GONZÁLEZ, S.L.
Enderezo: Rúa Estación, 20 · Laxosa - O Corgo · LUGO
Teléfono: 982 300 900
0 comments :
Publicar un comentario