Os Biosbardos • Cultura de Leira nace como un proxecto de agricultura ecolóxica baseado nos principios da Permacultura:
- Agricultura permanente e sostible, que fomenta o deseño consciente de entornos que reproducen os patróns da natureza.
- Coidado da terra e as persoas.
- Seguir o modelo da agricultura sintrópica, que é a creación de ecosistemas agroforestais inspirados nos bosques para producir alimentos e conservar a natureza (bosques comestibles).
Movidos polo disfrute dos alimentos e o respecto na súa obtención, buscan ser 100% orgánicos e sostibles na súa aproximación ao produto de horta.
Comezaron a súa andaina coa transformación dun conxunto de 'Leiras' no Lugar de Lendoiro (Cambre), na fermosa Terra das Mariñas, nun proceso dinámico e aberto que vai tomando forma.
Os Biosbardos • Cultura de Leira tamén é un espazo colaborativo onde compartir coñecemento con calquera que queira unirse ao proxecto e participar dun xeito ou doutro.
FILOSOFÍA
Relación en local. Producen na Comarca das Mariñas e para a súa área de influencia.
Procución artesanal. Son produtores ao xeito tradicional e cun baixo nivel de mecanización.
Canle directa. Canle de curta de comercialización entre eles e os destinatarios dos seus produtos, entre eles e ti.
Gozas biodiversidade. As producións avalíanse dende a conciencia e o interese por conservar a biodiversidade.
Gañas transparencia. En todo momento se é consciente da orixe do produto e das condicións nas que se cultivou: a trazabilidade é unha máxima.
Consumes xusto. Os prezos estímanse para que reflictan un trato xusto tanto para o comprador como para o produtor.
Promoves a soberanía alimentaria. Os seus produtos proceden dunha agricultura ecolóxica considerada como un modo de vida e non como un nicho económico.
Probas o tradicional. Apostan polas variedades autóctonas e propias, seleccionadas, e polo coñecemento agroecolóxico tradicional que preserva as cualidades organolépticas.
Contacto:
0 comments :
Publicar un comentario