Adega A Corga está situada no lugar do que recibe o nome. A Corga é un patrimonio singular, tanto no natural como no arquitectónico.
Benigno Pereira, o seu propietario |
Benigno Pereira (Touro, 1962) é un emprendedor cos pés na terra, esa terra á que tanto ama e á que lle dedicou boa parte da súa vida. Dedicado desde hai moitos anos á elaboración de queixos, en 2010 fíxose coa propiedade dunha leira de 37 hectáreas en Pobra de Trives cunha casa que está documentada desde 1480, aínda que a súa estrutura actual é de 1632. Castiñeiros e viñedos crecen nesta propiedade que combina diferentes influencias climatolóxicas, así como a produción de viños e castañas. A adega e todo o que lle rodea é agora o paraíso de Pereira e da súa familia.
A ADEGA
Accédese por unha porta blasonada sorprendentemente ben conservada, de estilo barroco, que dá acceso a un amplo patio ao rededor do cal se distribúen todas as dependencias.
Este edificio é o que alberga a súa adega, dotándoo desta maneira dunha actividade que lle dá sentido e vontade de permanencia.
A FINCA
A súa leira de 37 hectáreas pertenceu sempre á liñaxe dos Losada ata 1960 que pasou a mans dunha familia de Manzaneda que buscou fortuna na emigración a México, dedicándoa á gandería de carne ata 1989. Desde ese momento queda abandonada ata o 2010, momento en que a adquiriron os Pereira Salgueiro.
Gustoulles a vocación produtiva da parcela, e buscaron levala de novo ás súas orixes, plantando castaños e vides segundo as características do terreo. Na vide optaron pola variedade do Brancellao en tinto e Godello en branco, por ser estas cepas autóctonas que permiten facer viños diferenciados.
O seu modelo de produción baséase nas praxes da agricultura ecolóxica, buscando a maneira de producir máis respectuosa posible coa natureza. Tamén teñen plantados máis de 2.500 castiñeiros, das variedades Famosa e Longal nunha superficie de 25 hectáreas.
DATOS DE CONTACTO:
Lugar A Corga, s/n - Piñeiro
32780, A Pobra de Trives (Ourense)
Teléfono: 607 504 115 / 619 059 079
E-mail: hola@adegacorga.es / tienda@adegacorga.es
0 comments :
Publicar un comentario