1300 convivium
en todo o mundo
Home » » Quenes somos?

Quenes somos?

Pero, quen forma parte de Slow Food Compostela?

É importante saber quenes son as persoas que dirixen unha labor tan importante como é a nosa. A continuación déixovos un pequeno resumo da experiencia profesional dos seus membros, o cargo que desempeñamos dentro do convivium e tamén unha imaxe nosa para que nos poñades cara.





Leonor Lorenzo Abalo - Presidenta

Licenciada en Administración e Dirección de Empresas, e Máster en Turismo Urbán e Xestión de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Estivo traballando 7 anos nunha consultoría ambiental en Santiago de Compostela desempeñando labores administrativas.

Visto o potencial agrícola e gandeiro que hai en Galicia, decide fundar o convivium Slow Food Compostela co obxectivo de que, entre outras cousas, nos deamos conta do que temos na nosa terra. Ademais é blogger de temática galega (Galizeando) co cal é membro da Asociación Galicia TB.


Víctor Bouzas Blanco - Vicepresidente

Licenciado en Xeografía, socio fundador de TYSGAL Consultores e editor da revista dixital TYS Magazine.

Está especializado no deseño cartográfico e na análise xeoespacial apoiado no uso de Sistemas de Información Xeográfica (SIG). Combina a súa actividade empresarial en TYSGAL con un posto como Técnico Superior de apoio á Investigación na Universidade de Santiago de Compostela (USC) adscrito ao proxecto "La proyección del lugar: Compostela en su imaginario geoliterario (1844-1926). Sistemas de Información Geográfica y Humanidades Especiales." 


Rocío García Carregal - Secretaria

Se ten que definirse profesionalmente di que é divulgadora ambiental. Considérase unha persoa curiosa, motivo que lle fixo interesarse e investigar moitas facetas dentro da proteción ambiental, dende a biodiversidade, a contaminación e a pegada ecolóxica.

Licenciada en Ciencias Físicas na USC, actualmente cursa un ciclo superior FP en Eficiencia Enerxética e Enerxía Térmica.

A día de hoxe forma parte da Xunta Directiva da Asociación ACIDE. Dende a mesma leva a cabo colaboracións con outras entidades, como a participación no proxecto SIZING-SUDOE, así coma a execución de proxectos propios como a impartición de charlas, talleres a organización e dirección de cursos para a Universidade de Verán da USC en temas de sostibilidade.


Pablo Viñas Alonso - Chef Corporativo

Pablo vive na galaxia dos grandes chefs que non queren subirse a estrellas fugaces. Naceu na Coruña onde comezou a relacionarse cos mellores produtos da gastronomía, que fixeron que o seu paladar fora o maestro da súa carreira profesional. Xestionou e asesorou hoteis de luxo, complexos, restaurantes, multinacionais da alimentación. A súa comida foi saboreada polo mundo enteiro en restaurantes de Manhattan. Os Ánxeles, Miami, Puerto Rico e a República Dominicana tamén probaron os mellores produtos servidos por este chef.

É unha persoa altamente cualificada e versátil. Sempre en activo, dinámico e persistente. Autodidacta e cun altísimo nivel de esixencia cara a si mesmo e cara aos demais membros do seu equipo. Un grande profesional que disfruta traballando e compartindo, sorprendendo e facendo disfrutar aos demais a través da cociña. 

Na actualidade participa en Foros Gastronómicos, shows de cociña e programas de TV con difusión nacional. Portada da revista FÓRUM GASTRONÓMICO no 2015. Tamén é Chef Corporativo no restaurante insignia de Makro baseado na filosofía Slow Food: The Kitchen Next Door Community Bar. Desempeña as mesmas funcións en: The Little Chef Company (empresa de fabricación e comercialización de pratos de V Gama) e en Showcooking, Gastronomía Temática para Eventos (empresa de organización de Eventos Gastronómicos privados e corporativos).

SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario