Un dos primeiros proxectos de Slow Food foi a "Arca do Gusto", cuxo nome reivindica, no ámbito da tutela da alimentación de calidade, a imaxe da Arca de Noé. Trátase dun inventario de alimentos de calidade que corren o risco de desaparecer, producidos artesanalmente en cantidades limitadas e vinculados ao ambiente, á historia e á realidade socioeconómica dunha rexión.
Foi creada no 1996 co propósito de ter un catálogo de produtos alimentarios, describilos e captar a atención do público sobre os mesmos. Proceden de todo o mundo e están estreitamente vinculados ás comunidades e culturas específicas e, desafortunadamente, están en perigo de desaparición. Na nosa comunidade están incorporados oito alimentos: o centolo de Lira, o millo corvo, o porco celta, o requeixo, o tomate negro de Santiago, a pataca fina de Carballo, queixo Arzúa-Ulloa e a vaca Cachena.

0 comments :
Publicar un comentario