Slow Food implica a millóns de persoas apaixonadas por unha comida boa, limpa e xusta. A nosa heteroxénea rede está formada por cociñeiros, novos, activistas, agricultores, pescadores, expertos e académicos de máis de 160 países.
A rede global componse dun conxunto de subredes:
- Rede de ao redor de 100.000 socios de Slow Food.
- Rede de Terra Nai de 2.000 comunidades do alimento, que practican unha produción de alimentos de calidade sustentable e de pequena escala en todo o mundo.
- Rede de Mozos de Slow Food (siglas en inglés SFYN), rama xuvenil de Slow Food.
- Universidade de Ciencias Gastronómicas (siglas en italiano UNISG).
- Nosa rede Terra Nai Indíxena conecta cun rango diverso de redes, comunidades e organizacións por todo o mundo.
0 comments :
Publicar un comentario