1500 convivium
en todo o mundo

Ruser Lomos

Ruser Lomos é unha empresa familiar dedicada á venda e distribución de carne de boi e vaca criada en Galicia de forma tradicional. A familia Guzmán, terceira xeración de tratantes de gando en Outes, A Coruña, puxo en marcha este proxecto co obxectivo de comercializar carne de vacún maior. A familia conta cunha leira propia na que crían bois e vacas autóctonas fomentando unha gandeiría sustentable en harmonía co medio que lles rodea. 


Tamén compran os mellores exemplares das explotacións tradicionais que aínda subsisten na comarca. Traballan nunha moderna sala de despezamento na que realizan o proceso de maduración en seco "dry aged" dos lombos de boi e vaca vella rubia galega para satisfacer os máis esixentes padais.


Resultaron premiados no certame irlandés “𝐖𝐎𝐑𝐋𝐃 𝐒𝐓𝐄𝐀𝐊 𝐂𝐇𝐀𝐋𝐋𝐄𝐍𝐆𝐄 𝟐𝟎𝟏𝟗” cun lombo baixo procedente dun dos bois de raza Rubia Galega que crían nesta finca da aldea de Oroña.

Ademais, pertencen a Vaca Gallega / Buey Gallego, Indicación Xeográfica Protexida que nace no 2017 para protexer e amparar o sector e ofrecer un produto tan relevante como a carne de vacún maior, garantindo a súa orixe e calidade.


Contacto:
Ruser Lomos S.L.
E-mail: carnicasruser@gmail.com
Teléfono: 626784664
Lugar: Outes – A Coruña





SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario