Menduiña, pioneira e precursora desta revolución en Galicia, ten a súa orixe na Patagonia Arxentina, en 2002, cando tras ter emigrado por traballo, o fundador desta microcervexeira descubre a cervexa artesá, quedando namorado dela de por vida. Ao voltar á súa Galicia natal, decide vivir de elaborar esta arte líquida que durante séculos conqueríu ao ser humano e transformou a súa cultura.
Son dúas persoas as que están detrás deste proxecto: Alberte e a súa compañeira Valeria. El é economista e traballou en varios países (Arxentina, Marrocos e Escocia) ademais, obviamente do noso, e en varios sectores, principalmente no pesqueiro, en temas relacionados coa economía e finanzas, ata chegar a ser un pequeno produtor de cervexa artesá no seu pobo natal, Cangas. Agora, ademais dos números da empresa, é o “brewer” ou mestre cervexeiro de Menduiña.
Valeria é deseñadora gráfica. Leva o tema do márketing e da imaxe da empresa. Atende un pequeno bar que ademais os dous teñen no centro de Cangas chamado "O Lirio Vermello".
Dende a creación de Menduiña en 2008 en Cangas do Morrazo, apostan polo concepto “craft”, elaboración tradicional de cervexa con carácter propio, produto “made in Galicia”.
CONTORNA
Emprazados nunha zona rural das Rías Baixas galegas, entre Vigo e Pontevedra, con instalacións propias construídas nunha veiga boscosa de 2.000 metros cadrados, elaboran cada unha das Menduiña.
A auga é un dos ingredientes máis importantes no proceso de elaboración da cervexa; de feito, é o ingrediente principal e o clima atlántico resulta idóneo para a fabricación deste produto. Situánse nunha zona costeira moi chuvosa, dotada de ríos e mananciais, polo que decidiron aproveitar as vantaxes da contorna e elaborar un produto cun 80% como mínimo do seu contido en auga.
"Se ademáis das súas características especiais, temos en conta as temperaturas de Galicia, atopámonos no lugar perfecto para fabricar cervexas galegas de corazón e calidade recoñecida".
Elaboran o que desexamos beber, ales e lagers con tradición, mestría e inxenio. Algunhas das súas receitas especiais de edición limitada, inclúen ingredientes típicos da nosa cultura, coma o loureiro, o sabugueiro, o fume e a madeira de carballo, que lle aportan un valor engadido ao produto.
A súa misión é ofrecer aos seus clientes unha cervexa 100% natural, xenuina, a partir de receitas creativas e cun punto de audacia. Utilizan ingredientes minuciosamente escollidos, libres de transxénicos, e a súa produción está marcada pola excelencia nos procesos.
VALORES
Teñen en conta tres valores fundamentais á hora de elaborar os seus produtos:
- Integridade e honestidade. Manteñen o máis alto nível de ética en todas as súas interaccións, con profesionalismo e transparencia.
- Responsabilidade en Seguridade Alimentaria. A través dun exhaustivo control de calidade obteñen como resultado un produto rico, san e seguro.
- Respecto polo medioambiente. Apostan polo desenvolvemento sostible, a saúde e a seguridade das persoas, empregando nas súas prácticas de fabricación, enerxías renovables e limpas.
Contacto:
Estrada de Darbo, 16 - 36949 Cangas do Morrazo (Pontevedra)
☏ 986 30 32 33 ✉ info@menduina.eu
Web: menduina.eu
👉 Instagram 👈
🍺 PRODUTOS 🍺
0 comments :
Publicar un comentario