1500 convivium
en todo o mundo
Home » , , » O Alcouve da Moura

O Alcouve da Moura

A cooperativa O Alcouve da Moura apareceu para cubrir unha necesidade que tiñan os seus socios. Os tres, Simón, Edgar e Roberto, coinciden na posibilidade de vivir cultivando as terras que hoxe xa non se traballan na comarca do Baixo Miño. Tamén optaron por seguir criterios de sustentabilidade e facer o posible para conseguir uns produtos de horta aplicando boas prácticas.

Despois de catro anos en pé, seguen mantendo o espírito da súa filosofía sabendo que loitan, moitas veces, contra unha cultura de consumo que só ten como referencia o prezo do produto sen reparar no valor social de pequenas cooperativas ou empresas do rural que non poden competir en igualdade coas grandes distribuidoras.

Eles din que hai futuro na agricultura ecolóxica e na agricultura en xeral e só cren que se precisa máis vontade, traballo e acompañamento das administracións.


Diferencian os seus cultivos en catro partes:

Horta para fresco: onde cultivan ao aire libre e en invernadoiro.
Horta para industria: basicamente centrada no grelo e a berza, para envasar en conserveira local,
Fruticultura: incorporan plantacións de distintas árbores froiteiras: maceiras, pereiras, pexegueiros, mirabeleiros,..
Cogomelos e castañas: e por último teñen unha pequena explotación de shiitake nun souto, onde tamén fan aproveitamento da castaña.


Podedes atopar os seus produtos en:
  • No Mercado do Rosal.
  • Tendas ecolóxicas do Baixo Miño, Val Miñor, Vigo, Louriña e Condado.
  • A domicilio, baixo encomenda.
  • En restaurantes do Baixo Miño.

  Contacto:

O Rosal - Baixo Miño

☏ 605 789 915 / 698 180 629 ✉ oalcouvedamoura@gmail.com

Web: oalcouvedamoura.com


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario