Baseado nunha receita ancestral de chourizo galego de cabaza, o embutido de cabaza Calabizo é un alimento innovador. Non existe no mercado ningún outro embutido vexetal similar ao chourizo e elaborado de forma tradicional: curado e afumado con madeira de carballo. Un alimento de gran valor nutritivo, baixa achega calórica, alto contido en fibra, rico en antioxidantes, fonte de vitamina B6 e co sabor de sempre.
Calabizo é un embutido con aspecto, cheiro e sabor a chourizo de sempre, elaborado unicamente con ingredientes vexetais.
- Non precisa refrixeración.
- Consumo preferente de 1 ano.
- Afumado con madeira de carballo e curado.
- Envasado ao baleiro.
- Produto feito en Galicia.
Sofía Calvo, Keila Pousa e Edurne Sendra, son o tridente que fixo realidade a existencia de Calabizo, o primeiro chourizo galego de cabaza 100 % vexetal, baseado na tradicional receita do chourizo ceboleiro.
Son tres mulleres emprendedoras, tres profesionais procedentes de diferentes sectores complementarios que decidiron unir o seu “saber facer” para crear un proxecto de alimentación baseado en plantas, e desenvolver produtos veganos, saudables, elaborados de forma tradicional e cun sabor especial e auténtico.
En 2013 xorde a idea e en 2015 converténo nunha realidade empresarial grazas ao programa de aceleración de empresas e emprendedores VIAGALICIA, promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia.
Calabizo fórmano un equipo de mulleres implicadas nun obxectivo común: satisfacer coas súas opcións gastronómicas aos padais máis curiosos e inquietos, que buscan algo máis que comida nos alimentos que consomen.
Produción ecolóxica
Unicamente elaboran os seus produtos con selo ecolóxico cando dispoñen de materia prima certificada ecolóxica, durante uns meses ao ano e sendo a produción limitada.
O Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) é o organismo oficial de Galicia que os certifica como operador ecolóxico para poder elaborar estar referencias.
0 comments :
Publicar un comentario