As Bodegas galegas Marqués de Vizhoja, coñecidas desde 1968 polo seu afamado viño Marqués de Vizhoja, incorpóranse a Slow Food con novos produtos que abandeiran a filosofía da familia Peláez: tradición, pura enoloxía e responsabilidade social. Descobre a primeira bodega galega que ten todos os seus viños certificados como veganos.
Torre La Moreira é o primeiro e único viño galego que ata o momento incluiu na súa etiqueta un sistema de lectura braille. Proba o albariño máis puro das bodegas, elaborado 100% con uvas propias e recolectadas manualmente nas hectáreas do viñedo no Condado do Tea, nunha impoñente orografía bañada polo Río Miño e admirada, desde a outra beira, pola veciña Portugal.
Señor da Folla Verde, un exclusivo Rías Baixas elaborado con uvas albariño, treixadura e loureira. Só 10.000 botellas son comercializadas ó ano para render o mellor dos tributos ás uvas autóctonas e ancestrais do Condado. Nos seus viñedos realízase no verán a "poda en verde", que extrae o 40% dos acios para asegurar o óptimo crecemento dos restantes.
Os licores d´Vizhoja e as Gotas del Marqués, son os primeiros augardentes avalados por Slow Food Compostela. As Gotas do Marqués son monodoses de augardente branca, crema de licor e licor de herbas. Concebidas para proporcionar unha solución creativa ó sabor do destilado sen alcoholizar a bebida base, o que as fixo merecedoras de prestixiosos premios. Dentro da gama dos licores d´Vizhoja atópase aguardente branca, crema de licor, licor de herbas e licor café.
Imaxina agora gozar destes produtos nunha ruta de enoturismo na Finca La Moreira (Arbo), sede do imaxinario "Marquesado de Vizhoja". Achégate ó seu pazo icónico e representativo da antiga nobreza galega e das formas tradicionais do cultivo da terra. E entra a formar parte desta gran familia que entende o enoturismo como expresión da identidade, da cultura galega e a custodia do territorio.
Contacto:
BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA
Enderezo: Finca La Moreira s/n | C.P. 36438 | Arbo, Pontevedra, España
Telf: (+34) 986 665 825 | Fax: (+34) 986 665 960
Horario de atención:
Inverno: 8:30h – 13:00h // 14:30h – 18:00h de Luns a Venres
Verán: 7:30h – 15:30h de Luns a Venres
Email: enoturismo@marquesdevizhoja.com
0 comments :
Publicar un comentario