Entrelampo é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo principal crear emprego para persoas con problemas graves de saúde mental a través de iniciativas de economía social centradas no sector agroalimentario.
Juan e Conchi, os responsables do proxecto |
Os motivos desta terrible situación son multifactoriais. Os que implican aos propios problemas de saúde son unicamente a punta dun iceberg formado fundamentalmente polas barreiras sociais que conforman o estigma social e o modelo capacitista e lucrativo no que vivimos.
A súa aposta é clara pola creación de emprego como piar fundamental dende onde poida desenvolver un proxecto laboral integral. Entrelampo aséntase sobre tres piares:
-Emprego: a prioridade inmediata é a creación de emprego, a base de calquera proxecto laboral.
-Empresa social: o obxectivo final é a inclusión laboral nas empresas da Economía Social.
-Visibilidade: apostar por iniciativas con alta visibilidade, credibilidade e recoñecemento.
O seu proxecto pretende ser o máis coherente posible a nivel social e medioambiental. Cren que o consumo agroecolóxico é a pedra angular para conseguir un cambio real.
Por iso, a súa primeira iniciativa é unha horta agroecolóxica na parroquia de Marrozos (Compostela). Actualmente cultivan unha superficie de preto dunha hectárea e están inscritos no Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). Entre as súas verduras podemos atopar ao longo do ano: acelgas, espinacas, brécol, col, repolo, grelo de Santiago, leitugas, tomate negro de Santiago, cenorias, cebolas, patacas, xudías, pementos de Padrón, porro, chícharos... Ofrecen os seus produtos a domicilio a consumidores responsables, tendas, e hostalaría da zona de Compostela e arredores seguindo a filosofía de Km 0.
No 2022 tamén ofrecerán ovos de galiñas en réxime ecolóxico baixo a súa marca “Xema e Clara”, tamén na parroquia de Marrozos.
Enderezo: 15893 Argadán, A Coruña
E-mail: entrelampo@entrelampo.com
Web: entrelampo.com
Facebook: facebook/entrelampogalego
0 comments :
Publicar un comentario