1500 convivium
en todo o mundo

Andaina PSM

Andaina Pro Saúde Mental é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu no ano 2010 para cubrir un baleiro que existía na atención global ás persoas con problemas de saúde mental das zonas rurais próximas a Santiago de Compostela.
O seu propósito é prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, aos seus familiares e achegados, fomentando a súa autonomía e dando sentido ao seu desenvolvemento cotiá. Para iso, apostan por unha vida activa a nivel físico, social e laboral, da que as propias persoas con problemas de saúde mental deben ser corresponsables. Buscan a mellora da calidade de vida das persoas coas que traballan e loitan pola defensa dos seus dereitos.



Produtos



ZUME DE ARANDO

Zume de Arandos natural.  Zume de froita 100%. Sen diluir. Sen conservantes, colorantes nin edulcorantes. Non procede de concentrado. Obtido por prensado mecánico e conservado mediante unha pasteurización suave para preservar as súas propiedades. As variedades de arandos son: legacy, Duke, Top self, blue Gibbon, aurora, ochlockonee, powder blue e centra blue.

Proceden de Horticina, unha empresa de Ferrolterra que se dedica ao cultivo natural de arandos para consumo directo. Numerosos estudios desta froita, indican que son especialmente beneficiosos para afeccións da vista e na prevención de infeccións das vías urinarias e son ricos en antioxidantes e flavonoides e baixos en azúcares o que axuda no coidado da saúde.


ZUME DE MAZÁ

Zume de mazán natural. Zume de froita 100%. Sen sucre. Sen diluir. Sen conservantes, colorantes, nin edulcorantes. Non procede de concentrado. Obtido por prensado mecánico e conservado mediante unha pasteurización suave para preservar as súas propiedades.

Galicia é unha terra rica en variedades de mazáns, temos unhas 400 variedades e a maioría descoñecidas, estamos a esquencernos dun valioso patrimonio. Andaina PSM Empregro quere contribuir a recuperar e dar a coñecer diferentes variedades de mazás.

Facemos zume de mazá para conservar a esencia dunha froita abundante e para poñer en valor un froito que hai en excedente e que se desperdicia. Procesamos diferentes variedades de mesa e sidra, pero as que máis abundan son: príncipe, bico de lebre, reineta, raiña de reineta, camoesa, de rabo longo, de pedra, de cera, marafouzas, sapo de coiro, de inverno, rabiosa, etc.

Algunhas proceden do excedente de fincas que donan a súa froita. Recollémolas en sitios cercanos como Carcacía, Rianxo, Ribeiras do Ulla, Val da Maía. Outras mercámolas en fincas do Val do Naseiro que venden mazá para sidra.


SIDRA

Unha sidra 100% natural é artesá feita con mazá galega. Cando disfrutas da Sidra Artesá ANDAINA, estás colaborando nun proxecto de inserción laboral en saúde mental dando a posibilidade de realizar un traballo remunerado e cun bo produto final.



Contacto:
E-mail: andainapsm@gmail.com
Teléfonos: 981 076 405 /  698 149 915
Dirección: Lugar de Vigo, nº 138 (A Paxareira) 
C.P. 15981 Dodro (A Coruña) 


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario