Convivium do movemento Slow Food en Galicia. Slow Food é unha asociación ecogastronómica que promove unha "nova gastronomía" entendida como expresión da identidade e da cultura. Defende o pracer vinculado ao alimento, reflexiona sobre a educación do gusto e o dereito ao disfrute con un novo sentido da responsabilidade, tendo en conta o equilibrio co ecosistema, a defensa da biodiversidade e o compromiso ético cos produtores.