1500 convivium
en todo o mundo
Home » » A Leira de Lola

A Leira de Lola

A Leira de Lola está situada no Concello de Nigrán (Pontevedra), en pleno Val Miñor, rodeados dunha contorna privilexiada con microclima propio, a metade de camiño entre o mar e a montaña e desde onde poden gozar dunhas preciosas vistas ás Illas Cíes.


Non son unha gran explotación agraria e tampouco hai pretensións de selo. Son unha pequena familia de labregos que planifican o seu horto pensando en ti. Queren ser os teus agricultores de confianza e por eso o trato é tan próximo e directo, non hai ningún tipo de intermediarios. Plantan en función das vosas Cestas de Lola e da súa capacidade de espazo e traballo, polo que as subscricións son limitadas.

Queren darte a probar a maior variedade de hortalizas ecolóxicas posible, que coñezas novos sabores, novas texturas, sen esquecernos, por suposto, dos cultivos tradicionais. E todo iso facéndoo de forma natural, colleitando as verduras o mesmo día de entrega para que te cheguen coa máxima frescura e conserven todas as súas propiedades.


ANA E GUILLE

En Galicia, “Leira” fai referencia a unha pequena porción de terra cultivada, en especial a que é legada tradicionalmente a unha familia, unha herdade. Eles son Ana e Guille e foi a mediados de 2012 cando empezaron a barallar a posibilidade de facer do seu hobby a súa profesión. Pensaron que se na casa gozaban comendo o que se cultivaba de forma natural, tal vez houbese xente que quixese facer o mesmo pero que non puidese por falta de tempo ou de espazo. Por que non facelo por eles? Porqué non facelo por vós? A Leira de Lola é a súa pequena horta e traballan o campo co máximo agarimo porque coidar esta terra é coidar a súa casa.

Por eso só utilizan material de reprodución vexetativa e plántulas que se produciron mediante agricultura ecolóxica. Loitan contra os parásitos e enfermidades mediante a utilización de técnicas preventivas, como seleccionar as variedades e especies máis adecuadas para o clima local, evitar os monocultivos, protexer a terra con constantes rotacións e coidar aos inimigos naturais dos parasitos. Non producen ningún residuo, a materia vexetativa sobrante reutilízase para facer o seu propio abono ou para alimentar ás súas galiñas.

E preguntarédesvos, quen é Lola? Lola é a súa nai e a súa sogra respectivamente, e xunto con Castor, o seu marido, son os xefes da leira. Como bos galegos, para eles gardan as mellores patacas de cada colleita, o resto das súas verduras son para vós.


FROITAS E HORTALIZAS DE TEMPADA. SABORES NATURAIS, SABORES REAIS.

Hoxe en día podes conseguir amorodos no inverno ou mandarinas no verán pero non hai nada como gozar dos tomates, as xudías, as cabaciñas ou os chícharos cando son colleitados no seu punto óptimo de maduración.

Coñecer os beneficios que achega o consumo de hortalizas de tempada é moi interesante: Consérvanse as súas propiedades nutricionais intactas mantendo toda a achega de vitaminas e minerais. Así mesmo, consérvanse as súas propiedades organolépticas, é dicir, a súa textura, aparencia e sabor son moito mais intensos. Son verduras máis saudables xa que crecen de forma natural e, no seu caso, chegan de forma directa á túa casa co que esquivan refrixeradores e cambios de temperatura. E ademais favorécese a diversidade nos cultivos e o mantemento dunha agricultura tradicional e próxima.


Contacto:

Nigrán, Pontevedra

☏ 661 204 099 ✉ aleiradelola@aleiradelola.com

Web: www.aleiradelola.com

SHARE

About Leo

2 comments :

  1. Comedor A Paz-Tintureiramércores, 19 abril, 2023

    En persoa ainda son mais increibles Ana e Guillermo, todo un orgullo poder traballar cos seus productos no noso cole!
    Gracias polo voso traballo.
    Apertas!

    ResponderEliminar