1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Horta A Moura

Horta A Moura

Horta A Moura é un proxecto dedicado á agricultura ecolóxica e a investigación de variedades de cultivos intensivos e extensivos perdidos ou menos tradicionais en Galicia.


No 2020, Tatiana comezou a buscar unha casa porque lle apetecía deixar a cidade, así que despois de terminar o seu último contrato no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), despois da pandemia, púxose a iso.

Cando apareceu esta leira, a cal tiña unha pequena edificación dentro da mesma, levaba tantos anos abandonada que era como entrar nun monte comunal. Empezou a limpala para ver a casa e descubriu case 2 hectáreas de terreo, así que, despois de pensalo moito e estudando pola rama agraria, tomou a decisión de montar a súa propia horta: Horta A Moura.

Porque en ecolóxico se hai 20 anos tivo outra horta en convencional? Pois porque considerou que despois de tantos anos era importante formar parte dun mundo rural que evoluciona e no que o respecto por toda a flora e a fauna fai que todo sexa un pouco mellor. É como achegar un gran de area máis á montaña que outros agricultores xa comezaran.


Deste xeito nace esta pequena horta que ten un proxecto de vida que no seu conxunto será moi bonito. De momento teñen case 3.000 metros de invernadoiro e 1.500 en exterior. Os seus produtos principais son a leituga no inverno e o pemento celta no verán, aínda que traballan todo o demais para atopar as variedades que nos gustan para facelas máis súas como a berenxena branca, pemento swet Palermo, tomate rosado e outros como o kale, brócoli, repolo, cebola vermella e do país, romanesco, flor comestible, acelga e espinaca...


  Contacto:


Lugar Trasdoval N° 1. San Victorio. Vixoi , Bergondo (A Coruña)

☏  622 47 68 56| ✉ horta.amoura@hotmail.com



SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario