1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Perusiñas

Perusiñas

As Perusiñas son unhas galletas feitas en Lugo. Esta pequena firma familiar está formada por dous irmáns, Laura (comunicación) e Aitor, que trasladaron os seus coñecementos en diferentes áreas. Trátase dun produto que naceu para darlle sabor a unha época complicada e que se converteu nun proxecto de vida que tivo clara a súa vinculación ás raíces desde o mesmo momento de elixir nome: perusiña era un mote que empregaba súa nai para chamar a un deles.


As galletas gozábanas ao principio familia e coñecidos de Aitor Castro, pero un amigo que ten unha tenda con produtos como cafés, tés ou pastas propúxolle que as puxese á venda. As Perusiñas foron atopando aos poucos o seu sitio no mercado e esta marca de doces gourmet galegos comezou a crecer da man destes tres emprendedores que crearon a empresa entre maio e xuño do ano pasado.


Aitor Castro, cociñeiro e pasteleiro de profesión e por vocación, dedicou os meses nos que a pandemia nos obrigou a estar encerrados, a perfeccionar unha receita de galletas co sabor de sempre. Xurdían así en Lugo as variedades de manteiga e xenxibre da firma.


Esta familia apostou por facer as Perusiñas seguindo uns criterios sostibles. "Nunca nos plantexamos facer unha marca sen que a sustentabilidade fose uns dous valores máis importantes. Cremos que isto é ou que nos toca como sociedade, como persoas e como marca", explica Laura Castro.

Un compromiso que se reflicte nun packaging reutilizable e reciclable. Precisamente neste senso, a firma recolle os envases unha vez o cliente consumiu as galletas, devolvéndolles parte do importe pago polo produto e dándolle unha nova vida ao tarro. Unha política de retornabilidade que Perusiñas tamén aplica ás caixas nas que entrega a mercadoría ás tendas.

Variedades

Contan con tres sabores diferentes e complementarios: a variedade de mantequilla, con toques máis tradicionais: la variedade de xenxibre, máis atrevida; e a de canela, un punto medio moi atractivo.

Puntos de venda

 Contacto:

Avenida da Coruña 500 Cei Nodus Local 4 Perusiñas, 27003 Lugo

☏ 653 947 507 ✉ hola@perusinas.com

Web: perusinas.com 


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario