Casa Luardo é unha granxa tradicional situada no concello mariñeiro de Malpica de Bergantiños, lugar cun clima privilexiado donde o mar suaviza as altas e as baixas temperaturas dando alí grazas ao Océano Atlántico, un respiro para a cultivo no rural.
Da man de Adrián, un xoven agricultor de 27 anos, nace a idea de diversificar a produción que dende sempre se centrou na carne de Rubia Galega. Adrián, que estudou xestión de empresas agropecuarias, estivo palpando de cerca as producións agrícolas galegas e francesas grazas as alternancias dos seus estudos.
Foi no 2020 cando decide diversificar a produción da súa granxa familiar e enfocala hacia unha produción de horta baseada no abono natural como elemento diferenciador logrando así sacar ao mercado uns produtos con ese sabor que tanto nos recorda á comida dos nosos avós.
Para Adrián, o abonado orgánico é clave na diferenciación dos seus produtos no mercado ao igual que ofrecer alimentos de tempada sen conservantes. Para el, Casa Luardo é unha marca que representa uns alimentos naturais e cunhas cualidades organolépticas moi diferentes ás que se poden atopar en moitos mercados. Adrián sinala que esta forma de produción orgánica e sostible logra que a cantidade e a calidade viaxen xuntas da man.
A produción de Casa Luardo está enfocada en tres cultivos: patacas, grelos e fabas. Cultivos que rota xunto cos de produción de forraxes para os seus animais logrando así a eliminación de monocultivos nas súas 35 hectáreas e acadando así unha diminución de plagas e enfermidades típicas de producións intensivas cas que a miúdo se loita con fitosanitarios.
A pataca, que é un dos seus principais piares, é da variedade Kennebec, recollida a man para un maior coidado e gardada en almacén sen ningún conservante nin cámara de conservación. Os seus produtos son distribuidos a un amplo abanico de consumidores, dende particulares ata restaurantes e supermercados.
Contacto:
Adrián Suárez Rojo
Pedrosa 12, Leiloio, C.P. 15113 Malpica (A Coruña)
☏ 608 39 94 99 ✉ adrian.suarez.info@gmail.com
0 comments :
Publicar un comentario