1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Écociña no Camiño

Écociña no Camiño

Como exemplo de actividades con impacto na promoción dos produtos da terra, está a nosa labor como secretaría técnica exercida para a Axencia de Turismo de Galicia, na que deseñamos e executamos a campaña “ÉCOCIÑA NO CAMIÑO”.

Esta campaña tivo como obxectivo mellorar a oferta gastronómica nos diferentes Camiños de Santiago. Para iso desenvolveuse unha metodoloxía de análise coa que ponderar o impacto que estaba a ter a actividade do restaurante na consecución dos ODS. En base a esta metodoloxía, medíronse indicadores como a pegada de carbono (aproximada), a xestión dos residuos, os consumos enerxéticos e de auga e o abastecemento.

Outra vez, este tipo de accións buscou concienciar aos restauradores da importancia da orixe da materia prima e a súa calidade diferenciada.

As accións desta primeira campaña víronse complementadas co desenvolvemento de 6 módulos formativos onde se fixo fincapé na importancia do produto local galego e nas distintas ferramentas para diferenciar e apreciar as distintas etiquetas que podemos atopar dentro da nosa produción, coma a PescadeRías ou pescaenverde dos produtos do mar, ou as producións 100% raza autóctona que temos en Galicia.

Esta campaña tivo continuación no ano 2022 baixo o nome de "GALICIA FOOD EXPERIENCE", no que se complementou o mapeo e avaliación de establecementos cunha catalogación dos produtos autóctonos galegos susceptibles de poder ser consumidos na restauración. É dicir, os que teñen entrada no rexistro nacional de sementes.


Foi preciso a procura e catalogación destas variedades animais e vexetais, a súa localizacións xeográfica, a investigación dos usos culinarios que se lles pode dar e lo listado de produtores que poden abastecer a restauración. Para conseguir esta información traballáronse cos principais bancos de xermoplasma de Galicia, CIAM e MBG, a federación de razas autóctonas Boaga e distintas entidades de desenvolvemento rural, como o Inorde.

Con todo este traballo buscouse favorecer e conservar a biodiversidade agraria galega e os produtores que a salvagardan.


Máis información sobre este proxecto:
















SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario