Son mozos traballadores dunha pequena explotación familiar de produción ecolóxica, no concello de Cesuras, na parroquia de Dordaño. Producen Horta, froita, carne (año, porco, galo, coello), ovos e cereais, como trigo do país e maínzo.
A estes dous irmáns sempre lles gustou a agricultura. Na súa casa sempre tiveron animais e horta para autoconsumo. Comenzaron a súa andaina agrícola plantando para una gran superficie comercial, pero non lles gustaba andar coa sulfatadora. A raíz dun curso que fixeron de agricultura ecolóxica, decidiron probar. A súa máxima é a utilización e/ou recuperación de sementes e variedades autóctonas polo seu mellor sabor e calidade, e pola súa mellor adaptabilidade ó noso clima.
Traballan varias parcelas, nas que teñen froiteiras, hortalizas, legumes, cereais, forraxes... sumando en total máis de 7 has ó aire libre e 3.700 m2 de invernadoiros.
A comercialización da produción está dirixida principalmente a comedores escolares, a tendas e restaurantes. Tamén venden a algún particular.
A comercialización da produción está dirixida principalmente a comedores escolares, a tendas e restaurantes. Tamén venden a algún particular.
Contacto:
Iván Lata Rodríguez
Localización: Ameixenda – Oza-Cesuras
Teléfono: 620 779 304
E-mail: labrecos@gmail.com
Facebook: https://www.facebook.com/LABRECOS
0 comentarios :
Publicar un comentario