Chámase Raúl. Con 23 anos tivo a oportunidade de mudarse a unha aldea galega das Neves (2010), xa que a familia de Esther (a súa muller) ten unha casiña e aí comezou a súa paixón polo rural e polas galiñas. Despois de varios anos en Galicia, tivo que volver (2015) á súa cidade natal (Barcelona) para traballar.
Cando tivo a oportunidade de regresar en 2020 para vivir no rural (Covelo), non dubidaron en facelo con 2 fillos, Nayra e Aron, xa que sempre quixeron que eles tivesen os valores que supoñen vivir no rural. Desta forma comezaron o seu proxecto de ter unha granxa artesanal de aves.
Capón de Covelo sitúase en Pontevedra no marabilloso municipio de Covelo. É un proxecto que se creou a base de moito esforzo, dedicación e por suposto moito amor cara á natureza e á cría en liberdade dos seus animais.
Tras varios anos criando galiñas e galos de diferentes razas, ao atoparse coa galiña de Mos, Raúl quedou prendado da súa elegancia. As galiñas de Mos que crían, son unha raza autóctona de Galicia da que se senten partícipes na súa recuperación e mellora.
A galiña de Mos é moi voluminosa e moito máis grande se a comparamos coa típica galiña poñedeira. A carne é dunha calidade indiscutible por non dicir que, ao ser unha galiña grande, a cantidade tamén é xenerosa. Os ovos son tamén dunha calidade excepcional e un tamaño considerable.
Pola outra banda e non menos importante, quíxose interesar polos capóns xa que a súa paixón é facer capóns artesanalmente desde o inicio: castración, cebado e sacrificado. Actualmente traballa 2 razas distintas, como é evidente, a raza Mos e raza Redbro.
Doutra banda, e non menos importante quíxose interesar polos capóns de Mos, e aí é onde vén a súa outra paixón: facer capóns artesanalmente.
Pero que é un capón? É un galo de aproximadamente 2 meses castrado cirurxicamente. Con iso conseguimos que o exemplar colla máis peso e ao infiltrarse a graxa na carne fai deles un manxar gastronómico.
En Capón de Covelo NON descrestan nin cortan queixos xa que é a única maneira de saber se o ave está ben castrado ou non. Se está ben castrado, a crista quédase pequena e mustia; se non o estivese, creceralle como un galo normal xa que se a castración esta mal realizada, o testículo volve rexenerar e xa non seria un capón senón un galo.
A súa alimentación é a base de cereais, comida que sobra na casa, verduras e o que picotean pola leira.
Contacto:
Cría e venda de Capóns
Raúl López Palacios
Loureiro 22, C.P. 36872 Covelo (Pontevedra)
☏ 645 592 147 ✉ capondecovelo@gmail.com
Web: instagram.com/capon_de_covelo/?hl=es
0 comments :
Publicar un comentario