1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » Gandería de Manuel Gregorio

Gandería de Manuel Gregorio

Manuel Gregorio naceu e criouse ao pé da Serra do Suído, no lugar da Laxe. Un territorio montañoso onde sempre existiu a gandeiría en extensivo de vacas e cabalos. Tal vez por iso o seu destino era continuar co traballo que se fixo tradicionalmente na súa casa, a cría de vacas de montaña no concello de Fornelos de Montes.


Hai 20 anos, aínda estaba a traballar nunha empresa do metal, este fornelense de 43 anos xa tiña en mente dedicar a súa vida á gandería e lembra que xa comprara 23 vacas e un touro. É un sector que non lle era alleo, xa que os seus proxenitores (e aínda que o seu pai era carteiro) tiñan gando e tanto el como a súa irmá medraron nese ambiente.

Con todo, Manuel quixo ir un paso máis aló. "Cando estaba a facer o curso de capacitación agraria preguntábanme que quería facer e sempre contestaba: montar unha carnicería. Hai que tentar chegar ao consumidor final e pechar o círculo», xustifica. En cando tivo a oportunidade de coller o establecemento dunha parella que se xubilaba, decidiu probar. A súa muller, que entón traballaba nun súper, deixouno para atendelo. «Creo que foi unha boa idea, porque a xente valora cada vez máis saber o que come», opina. 

Cando hai 9 anos tiveron un fillo, ela retirouse, pero máis adiante xurdiu a ocasión de facerse con outra carnicería (tamén chamada Grego) na localidade redondelana de Cesantes (rúa Carballiño, 89) e volve estar detrás do mostrador.

O 90% da súa produción, cunhas 150 cabezas de gando, concéntrase na gandería extensiva que se atopa no Monte do Suído, ademais de 20 cabezas máis nunha pequena explotación próxima, en Vilán, que comprou a un señor que se xubilaba. O profesional lembra que todas as súas vacas teñen nome propio. A maior, Paloma, ten 20 anos.

Os tenreiros, todos criados por eles dende pequenos, están acostumados a estar en liberdade e andan dunha zona para outra nunha área de máis ou menos 500 ha. Viven e comen ben, alimentándose de pasto, e iso vese en que están tranquilos e non escapan das persoas, principalmente de Manuel, o seu criador.

Moitos cliente foron a ver o seu gando para ver de donde ven e así valorar a orixe do seu produto. Manuel, gandeiro con carnicería propia, soamente despacha nos seus establecementos as tenreiras que cría con mimo nesta explotación.


Contacto:


Pino, 14 - 36206 - Vigo (Pontevedra) ** Punto loxístico
Rúa Carballiño 89 - Cesantes (Redondela)

☏  676 769 820 | ✉ carniceriagrego@hotmail.com


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario