1500 convivium
en todo o mundo
Home » , , » Mare Monte Premium Fungus

Mare Monte Premium Fungus

En Mare Monte Premium Funguspoderás atopar unha ampla variedade de setas frescas cultivadas por eles mesmos en Galicia e produtos elaborados coas mesmas da mellor calidade. Sandra Viñas é a emprendedora que creou esta iniciativa.

A base dos seus produtos gourmet son: o cogomelo Shiitake, o cogomelo Ostra, o champiñón Portobello e o champiñón París. Estes cogomelos, recentemente colleitados, serven para facer conservas e outros elaborados como os seus incribles patés.


Un produto gourmet, pide un packaging gourmet, e a súa filosofía obrígalles a minimizar o uso de plásticos. Utilizan un precioso estoxo de madeira confeccionado a man pola asociación Asdeme. Ademais de colaborar con eles e coidar o medio ambiente, as túas conservas viaxarán máis protexidas, e chegarán nun precioso estoxo de madeira ideal para regalar.

En Mare Monte Premium Fungus, apaixónanlles os cogomelos e son de mente inquieta e padal esixente, polo que non paran de innovar e introducir novas receitas. Xogando cos cogomelos, o seu ingrediente estrela, e incorporando ingredientes tan galegos como o mexillón da Ría, prometen non deixar de sorprendervos. Ademais de deliciosos, os seus produtos son saudables, aptos para veganos e están libres de glute, conservantes, colorantes e aditivos. Quen dá máis?

 Contacto:

Nantes (Sanxenxo)

☏ 636282923 ✉ info@maremontesetas.com

Web: maremontesetas.com

✅ Produtos


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario