1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Nova Alianza

Nova Alianza

As entidades Slow Food Compostela e Agoaap (Asociación Galega de Operadores Artesanais de Alimentación e Penso) veñen de asinar, en data do 7 de maio de 2025, un convenio de colaboración co obxectivo de sumar esforzos na promoción da formación e do desenvolvemento profesional dos seus asociados. O acordo foi formalizado da man da presidenta de Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo Abalo, e do presidente de Agoaap, Carlos Brea Pallares. 

Como primeira actividade conxunta ao abeiro deste convenio, póñense en marcha dous obradoiros formativos dirixidos a todas as persoas socias, cun enfoque práctico e participativo, orientados a mellorar coñecementos e competencias no ámbito da produción artesanal e sostible de alimentos. Estes obradoiros representan unha oportunidade para fortalecer a rede de colaboración entre profesionais comprometidos coa calidade, a tradición e a sustentabilidade alimentaria en Galicia.

O comezo do camiño da Artesanía Alimentaria en Galicia comezou no ano 2019 ca publicación no DOGA do Decreto 174/2019, poñéndose as bases do novo selo de calidade. Comezou a andaina ca publicación das primeiras 14 normas técnicas na Orde do 16 de febreiro do 2022, e agora veñen de publicarse 12 novas normas técnicas na Orde do 11 de abril do 2025. Nesta Orde publicáronse as seguintes normas técnicas:

* Manteiga.

* Vermú.

* Vinagre de viño.

* Licores, augardentes e outras bebidas espirituosas.

* Vinagre de sidra.

* Zumes.

* Hidromel.

* Pan.

* Empanadas.

* Fariñas.

* Conservas e derivados da Helicicultura.

* Comidas preparadas.


Para a inscrición do rexistro de artesáns hai que cubrir os procedementos MR400A e MR400B e pagar unha taxa.

Para máis información, contacta con AGOAAP mediante o mail info@agoaap.org, ou no número de teléfono 636.793.390, en instagram @agoaap.


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario