O proxecto estivo conformado por un evento presencial de 2 días de duración no que se percorreu varias localizacións, todas elas situadas na Ría de Arousa, mais concretamente nos Concellos da Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño e O Grove. Produtores, elaboradores, gastronomía e paisaxe foron da man.
Eles foron: o influencer gastronómico e de viaxes Alberto Ribas, máis coñecido como “Alvientooo”; a cociñeira do Comedor Escolar distinguido como KM 0 CEIP A Paz-Tintureira de Coruxo (Vigo), Libia Estévez Santos; o deportista de élite e licenciado en medicina, Guillermo Carracedo, campión de Europa e 6 veces campión de España de surf; Carmen Delia Díaz, periodista e creadora da web de turismo e ocio familiar “Escapalandia”; Carmen Ordiz Pérez, creadora de “G de Gastronomía”, experta en consultoría gastronómica; Celeste García de la Banda, creadora do blog gastronómico “El Blog de Celeste” e tamén do perfil de Instagram @celestedelabanda; e María José Basanta, blogueira gastronómica de “Laurel y Canela”, asistiron a esta xornada de promoción de 2 días de duración que tivo lugar, como xa dixemos anteriormente, na Ría de Arousa os pasados 4 e 5 de outubro de 2024. Entre todos eles suman máis de 430.000 seguidores na rede social Instagram e máis de 4 millóns de seguidores en TikTok.
O obxectivo desta acción, é a promoción dunha alimentación local, responsable, sostible, respectuosa co medio ambiente e certificada con orixe Galicia.
O roteiro comezou o venres cun percorrido por varias bateas certificadas baixo selo DOP e ECO da Ría de Arousa, recolección de algas e de marisco nas inmediacións da Illa de Arousa, e unha posterior degustación de mexillón e algas procedentes da zona. Seguimos cunha visita á aula de interpretación da confradía de pescadores de San Xulián da Illa de Arousa e tamén estivemos na lonxa na puxa do día. Para xantar, fomos ata o Restaurante Punta Cabalo, establecemento adherido a PescadeRías. Para baixar a comida, tocou visita guiada con Guimatur, Asociación Cultural das mulleres do mar de Cambados que traballa para difundir a cultura mariñeira e os valores tradicionais do traballo no mar. Consistiu en presenza na Lonxa de Tragove na puxa de pesca artesanal, visita ás redeiras da zona e paseo polo Porto para ver as embarcacións. Aquí contarannos que artes utilizan e o que pescan. e para rematar esta xornada, cea e pernoctación en A Quinta de San Amaro (Meaño). Menú elaborado para a ocasión polo chef deste establecemento certificado como KM 0 con produtos das nosas Rías (marisco e peixe).
O sábado comezou cunha visita guiada á sementeira de ameixa da man das mariscadoras da Confraría de pescadores San Martiño de O Grove. Logo fomos a unha cetárea tamén en O Grove: Mariscos Lukas. Despois fomos a visitar o Mercado de Abastos de O Grove da man de Begoña Vázquez, que nos explicou os tipos de peixes que había e os seus usos gastronómicos. Despois de facer a compra, showcooking de produtos do mar galegos da man de Begoña na Adega Eidos (Sanxenxo). E por último, visita guiada polo Museo Etnográfico da Pesca e a Salazón "Salgadeiras de Moreiras" en O Grove, museo etnográfico orientado a amosar a vida e traballos dos pescadores galegos.
Máis información sobre este roteiro promocional:
https://elblogdeceleste.com/la-conselleria-do-mar/
https://www.alvientooo.com/mejillon-en-galicia/
https://www.escapalandia.com/viaxe-ao-centro-dos-produtos-do-mar-de-galicia/
0 comments :
Publicar un comentario